Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Montse Prado Montse Prado Pide ao conselleiro de Sanidade que reciba aos traballadores e mude os criterios económicos polo da calidade neste servizo sanitario básico

A portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, denunciou as deficiencias no servizo de transporte sanitario urxente que presta unha empresa vinculada a un cargo do PP, -Ambuibérica-, que acumula un longo historial de denuncias por incumprimento da normativa laboral, ao tempo que reprochou ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, a súa negativa a reunirse cos representantes do cadro de persoal.

Prado instou ao responsable da sanidade galega a mudar o criterio economicista polo criterio da calidade asistencial nun servizo tan importante como este, “deixen de mercatilizar a sáude”, instou.

Na súa intervención, a deputada lembrou as denuncias feitas polo BNG facéndose eco da información facilitada polo sector e polos traballadores, en concreto sobre as condicións leoninas do concurso advertindo tamén contra o que podía cualificarse de baixa temeraria por parte da adxudicataria.

“No seu día denunciamos as sospeitas de trato de favor da empresa que resultou adxudicataria, podemos falar de baixa temeraria, avisamos que o sector consideraba inviable a prestación do servizo nesas condicións, a empresa adxudicataria viña precedida de denuncias e de actuacións pouca claras por vulneración de dereitos laborais sobre todo”, argumentou Prado.

“Todo apuntaba que non era unha boa opción para adxudicar este servizo a esta empresa vinculada ao deputado provincial do PP en Valladolid, máis o PP na Xunta mirou para outro lado”, denunciou.

Entre as irregularidades citadas, o feito de terse detectado ambulancias rotuladas co nome da empresa previamente a fallar o concurso, ambulancias polas que se cobra pero que non están en funcionamento ou vehículos sen a dotación necesaria. Ao que se suman as malas condicións laborais,  previsibles dado o historial da empresa, como usar o contrato en prácticas para abaratar custes.

Prado preguntou ao conselleiro se o SERGAS estaba levando a cabo os preceptivos controis de calidade para avaliar a prestación do servizo e tamén lle lanzou toda unha batería de preguntas a Vázquez, “xa que non ten intención de falar cos e coas traballadoras”.

“Sabe que se levan pacientes infeccioso en ambulancias colectivas, saben que son os familiares quenes axudan a transportar aos doentes porque na maioría das ambulancias carecen de persoal de apoio, sabe que fan transportes para compañías e mutuas privadas cando a concesión é en réxime de exclusividade para o SERGAS, sabe que desde a sanidade pública se aporta persoal para este servizo que debería prestar a empresa concesionaria?”, interpelou Prado.

“Rectifique e mude os criterios económicos polos da calidade nun servizo tan importante para a saúde como o transporte sanitario urxente”, pediu a deputada nacionalista ao conselleiro de sanidade.

En las orgías del Partido Popular (sede Mallorca) drogaban y golpeaban a las mujeres “cobraban muy bien”, pero “tenían que someterse a vejaciones como palizas, sobredosis de drogas y a prácticas sexuales violentas”, según los autos del Juzgado..

El expresidente del PP de Palma de Mallorca, José María Rodríguez, y el diputado autonómico Álvaro Gijón, asistían a fiestas con droga y sexo en una finca propiedad de Cursach o en prostíbulos de las islas. El juez de Instrucción 12 de Palma de Mallorca, Manuel Penalva, ha levantado el secreto del sumario y la mierda ha empezado a salir a flote. Cada lunes se organizaban partidas de póker en la finca Puntiró, propiedad del empresario Bartolomé Cursach, y cuando concluía la partida “había auténticas bacanales”....Seguir leyendo..(+)

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#XulioFerreiro y los alcaldes rebeldes "celebran hasta los estornudos" si son pagados con los fondos públicos de los ciudadanos.

#XulioFerreiro y los alcaldes rebeldes "celebran hasta los estornudos" si son pagados con los fondos públicos de los ciudadanos.

A dos años de legislatura de los alcalde de las MAREAS "nada que ver con PODEMOS", se han jactado a diario de sus fiestas políticas en sus horarios laborales, viajes...