Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Esta semana poñemos a actividade de extracción de seixo (cuarzo metalúrxico) da galega-norueguesa-china Erimsa baixo a lupa.

A rede contra a minaría destrutiva na Galiza advirte que a Xunta e autoridades locais son particularmente reticentes a achegar información completa sobre os proxectos mineiros; unha información que é de interese vital para as comunidades afectadas por estes. Nos últimos anos levamos constatadas numerosas irregularidades nas concesións e tramitacións de expedientes e caducidades, opacidade de municipios favorábeis a mineiras en detrimento dos intereses da veciñanza.

Desde a rede invitamos a tódalas persoas que se consideren afectadas a esixir información e o cumprimento das leis, e sobre todo o respecto dos seus dereitos.

Solidarizámonos coa veciñanza da comarca de Ordes, recomendándolle organizarse para enfrontar dende o punto de vista comunitario a ameaza que este proxecto supón á súa actividade gandeira e agrícola.

O Sindicato Labrego, organización parte de ContraMINAcción estivo en Xanceda

A empresa Erimsa avanza coa extracción de seixo en 6.721 hectáreas na comarca de Ordes, sendo os municipios afectados neste primeiro proxecto os de Frades e Mesía. Trátase dunha das principais zonas produtoras de leite de Galiza -200 granxas - 93% das de produción leiteira - con 500 traballadoras e traballadores. A Casa Grande de Xanceda, que produce en ecolóxico, é unha das explotacións afectadas.

A empresa mineira Erimsa fala de crear pola súa parte 8 postos de traballo temporais namentres dure a extracción.

A explotación de seixo consiste na extracción de terra até unha profundidade de 4 metros, e o posterior recheo coa terra sen o seixo. Hai zonas de extracción a carón de núcleos habitados e das instalacións do gando.

Unha descrición máis detallada das concesións mineiras de nome Xanceda, Marís, Andrea e Lamosa, o número de hectáreas e parroquias e granxas afectadas en cada unha delas, e a actividade gandeira e agrícola das parroquias afectadas, pode coñecerse no comunicado do Sindicato Labrego. Margarida Prieto Ledo, membro do SLG lembra que “no caso das ganderías en ecolóxico, perderían as certificación do Craega para as parcelas explotadas por Erimsa”.

O problema principal consiste en que as terras son en realidade prados e leiras de cultivo das granxas, e en ningún caso se trata dunha terra mineira. A empresa presenta a actividade coma inocua, mais tal remoción de grandes cantidades de solo non é precisamente amigable ca natureza nin con este tipo de actividade produtiva. Ten impacto na mesma calidade do solo así como no drenaxe das augas, e os propios microorganismos do solo.

Primeira Asemblea Informativa, á que seguirán outras

Os danos que sofre o terreo con exemplos concretos centrou boa parte da asemblea.

A Primeira Asemblea Informativa cumpriu a función de crear un espazo que permitise á veciñanza expresar as súas preocupacións sobre o tema. Non menos importante era concienciar da situación aos gobernos de Frades e de Mesía, que dependen totalmente da actividade gandeira. A Casa da Cultura de Xanceda encheuse.

Varias persoas dixeron que nas súas fincas fixéranse tomas de mostras sen permiso dos propietarios. Outras comentaron que hai zonas onde xa se sacou o mineral sen ningún tipo de permiso de investigación nin de extracción. A maioría da xente presente pronunciouse claramente en contra da explotación mineira da zona.

Solicitouse unha nova asemblea para as persoas que non puideron estar presentes. Dita asemblea está previsto que se celebre o vindeiro martes, día 4 de abril, ás 22:30 na Casa da Cultura de Xanceda. Nela informarase das tardes e os lugares onde se vai estar para facilitar as persoas afectadas o tema das alegacións que, como resultado da primeira xuntanza, estanse a redactar e presentar.

A coordinadora do SLG na Terra Chá, Margarida Prieto Ledo, informou sobre os antecedentes legais da empresa Erimsa na Terra Chá, onde a mineira acumula varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contrarias á súa actividade. Tamén en Oroso ten xa cometido prospeccións ilegais sen licenza, feitos denunciados polo SLG no seu día (2014).

Hai que evitar que se dite sentenza de morte para a comarca, e romper coa tendencia da Xunta de Galicia para co rural galego. E loitar de maneira decidida pola terra.

ContraMINAcción posiciónase en contra destes proxectos mineiros

En tanto en canto afectan a ecoloxía e a agricultura e gandería da que depende a veciñanza, invita:

-A veciñanza que o desexe a unirse a ContraMINAcción, un grupo de cidadáns e cidadás afectados pola minaría en Galiza, que traballamos xunto con organizacións e redes ecoloxistas.

-Os municipios de Frades, Mesía, Oroso e Ordes a posicionarse claramente do lado das granxas afectadas, e actuar con decisión en defensa das actividades económicas das familias.

-A Xunta de Galicia a aportar e publicar de maneira clara, efectiva e urxente toda a información relativa a actividade mineira que se lle requira.

Mais información:

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

El gobierno de la Marea Atlántica a cortado más del 50% de las inversiones a favor de los vecinos de A Coruña y sus recurso, desviando el otro 50% a...