Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Co remate da campaña 2016-2017 no sector lácteo, cúmprense dous anos dende que desapareceu o sistema de cotas lácteas. O triunfalismo de moitos daquela, hoxe desapareceu. Polo medio, tivemos unha das peores crises de prezos que se recordan e pecharon máis de 1.000 granxas: das 9.484 explotacións en activo que había en abril de 2015, pasamos ás 8.475 que contabilizaron os últimos datos do sector, correspondentes a xaneiro de 2017. O modelo da granxas das 20.000 vacas ameaza con deslocalizar a produción láctea galega fóra da nosa terra

Asemade, a crise de prezos que asolou a Unión Europea teima en facerse crónica na Galiza, onde as nosas granxas seguen a soportar valores dos máis baixos en Europa mentres en moitos países recuperaron valores rendibles. A pesares de que o prezo medio na Galiza situábase en xaneiro nos 30'3 céntimos por litro, a maioría das nosas granxas están a percibir remuneracións entre 26 e 28 céntimos. Moi lonxe dos prezos medios de países como Alemaña (34'13), Francia (35'15) ou Irlanda (35'85). Sen ir tan lonxe, en comunidades veciñas como Asturias o prezo medio está en 33'4 céntimos. Teriamos que ir aos Países Bálticos para atopar prezos semellantes aos galegos, pero alí os custes de produción son moito máis reducidos que no Estado Español, onde o Ministerio de Agricultura sitúa o gasto por litro de leite en 34 céntimos. É dicir, seguimos vendendo o noso leite a perdas.

En dous anos sen cotas, e co acicate da crise, poderíase agardar que poderes públicos como o Ministerio de Agricultura ou a Consellaría de Medio Rural levasen a cabo políticas dirixidas a fortalecer as nosas granxas coa redución dos custes de produción e a mellora dos prezos. Pero o único que fixeron foi redactar un Acordo Lácteo de boa vontade que asinaron as industrias e as cadeas de distribución, xunto con algunha organización agraria entre as que non estivemos nin a COAG nin o Sindicato Labrego Galego, que denunciamos dende o primeiro día que o documento non comprometía nin obrigaba a nada. Co meirande das nosas explotacións cobrando por baixo dos 30 céntimos, as industrias impoñendo nos contratos as condicións leoninas que se lles peta e as grandes superficies comerciais utilizando o leite como produto reclamo ao seu antollo, o tempo deunos a razón.

Outras políticas que poderían ser favorables para as granxas, como dotar de suficiente base territorial as granxas para que reduzan os custes de produción, seguen estancadas mentres Ence utiliza a nosa terra como un plantío privado de eucaliptos para producir celulosa.

A liberalización do sector acabará traendo a deslocalización

As mesmas políticas e os mesmos políticos que se gaban dunha suposta recuperación de prezos no sector, que na Galiza seguimos sen ver, agora aplauden a iniciativa dunha empresa navarra que pretende construír unha granxa con 20.000 vacas de leite en Noviercas (Soria). Precisamente, a fin do sistema de cotas liberalizou o sector, de maneira que calquera pode producir leite libremente onde queira. Se este modelo de granxa se autoriza, será o principio da fin do sector lácteo galego, pois 40 granxas deste tamaño, construídas nas inmediacións dos grandes núcleos habitados do Estado, poderían producir o leite que produce agora o sector lácteo español; só quince, poderían substituír as 8.475 explotacións que quedan na Galiza.

O sistema de cotas non era perfecto, pero a liberalización salvaxe que agora se impón é aínda peor. De seguirmos por este camiño, o sector lácteo galego seguirá a ser o máis prexudicado, até o punto de que agora é posible que as industrias aposten por deslocalizar para reducir custes, de maneira que nin Galiza, nin o seu clima, nin os seus pastos naturais, nin as súas granxas, serían necesarias xa para fornecer de leite o Estado Español.

Por iso, dende o SLG seguimos reclamando a necesidade de facer políticas públicas de control da produción e dos mercados que garantan prezos dignos e unha distribución racional e xusta da capacidade produtiva dos diversos territorios. O contrario, seguir co sector liberalizado como até o de agora, supón rubricar a sentenza de morte do sector lácteo galego.

15 explotacións das dimensións da de Noviercas poderían producir o mesmo que as máis de 8.000 que quedan na Galiza a carón das grandes áreas de consumo como a franxa mediterránea e o centro peninsular

  • Achégase o comunicado en pdf e 2 fotografías da rolda de prensa con Isabel Vilalba e Lupe Prado

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e a responsábel do sector lácteo, Lupe Prado, ofreceron hoxe, 30 de marzo, unha rolda de prensa en Lugo para denunciar o plan da cooperativa Valle de Odieta de construír unha granxa de 20.000 vacas en Noviercas (Soria). Aínda que a macro-explotación estará a máis de 500 quilómetros de Galiza, de ir para adiante poñerá en xaque o sector lácteo galego. E non é unha esaxeración. Hai que ter en conta que, dende que rematou o sistema de cotas, calquera granxa pode producir sen límites canto leite queira. Sabendo que a granxa de Noviercas poderá producir en 1 ano o leite que producen as 8.475 granxas galegas en 1 mes (preto de 200.000 toneladas), só quince explotacións destas dimensións poderían suplir a potencia produtiva galega actual.

Así as cousas, autorizar a implantación deste modelo de macro-granxas favorecería a súa construción preto dos grandes núcleos de poboación do Estado (área mediterránea e centro peninsular), para fornecelos eliminando os gastos de recollida e minimizando os de transporte. Isto aceleraría un proceso de deslocalización da produción láctea que xa está en marcha. Un dato a ter en conta: as 17.151 toneladas de caída produtiva na Galiza de 2015, incluído o leite que se tirou na folga de entregas, foron compensadas a nivel estatal por un aumento de produción dun volume similar en Andalucía, Levante e Murcia. É dicir, as macro-explotacións nin sequera terían que estar na Galiza para forzar o peche das nosas granxas. Por iso, aínda que este proxecto se vaia desenvolver a máis de 500 quilómetros da Galiza, o sector lácteo galego, que agora mesmo fornece o 40% da produción leiteira do Estado, cun alto custe de transporte para as industrias pola dispersión das nosas granxas pero esencial para a mantenza de miles de familias do noso rural, sería o principal damnificado do novo modelo produtivo.

A xeito de resume, lembremos o impacto que pode ter unha granxa das dimensións da que se pretende construír en Noviercas:

  • Emprego: Unha soa granxa con 20.000 vacas podería producir preto de 180.000 toneladas de leite ao ano, cifra que se achega á produción mensual das 8.475 granxas que seguen activas na Galiza. É dicir, de autorizarse un modelo produtivo destas dimensións, quedaría vía libre para que unhas 15 granxas industriais como a de Noviercas podan substituír as máis de 8.000 que temos na nosa terra.

  • Medio Ambiente: A granxa de Noviercas consumiría entre 4 e 6'35 millóns de litros de auga ao día e xeraría unhas 368.000 toneladas de zurros ao ano, o que implicaría que leitos fluviais, auga potábel, saúde pública, fauna e mesmo outras actividades económicas, como o turismo da zona, puideran verse gravemente afectadas. Unha soa granxa como a de Noviercas consumiría a cuarta parte da auga que consume unha cidade como Lugo ou Santiago de Compostela por díahttp://xornalgalicia.com/#m_-8918703738879963985_m_2769328967590152493_sdfootnote1sym">1; en canto aos refugallos, as 20.000 vacas producirían case o dobre de residuos orgánicos que toda a poboación de Galiza e case 50 veces os xerados por todos os habitantes da cidade de Lugo. A empresa pide 6 millóns de euros de cartos públicos para poder tratar os residuos, o dobre dos 3 millóns de euros dedicados pola Consellaría de Medio Rural para as axudas de apoio ao sector lácteo galego en 2016.

  • Benestar animal: A intensificación da produción sería unha barbaridade, cunha media de 30 unidades de gando maior (UGM) por hectárea.

  • Sanidade: Sería unha bomba a nivel sanitario, pois un só caso positivo de tuberculose bovina, moi posible ao ter que traer animais de diversas procedencias para xuntar unha cabana gandeira tan desproporcionada, obrigaría a sacrificar todas as vacas con cargo a orzamentos públicos. O baleiro sanitario da macro-granxa de Noviercas custaríalle á Administración 14'6 millóns de euros. Non está de máis lembrar que o orzamento da Consellaría de Medio Rural no capítulo das compensacións polos sacrificios obrigatorios para erradicar enfermidades animais ascende a 300.000 € para 2017.

  • Calidade: O Estado Español converteríase no principal produtor de leite-lixo de Europa, fronte a países coma Irlanda, que apostan polo produción en base a pastos e forraxes naturais, ou Francia, onde os labregos e labregas da Confédération Paysanne lograron paralizar e poñer á opinión pública en contra dun proxecto de granxa de 1.000 vacas que, en comparación coa de Noviercas, queda pequena. A granxa de Noviercas sería un primeiro paso para facer do Estado Español o produtor de leite barato de Europa e de subprodutos como leite en po, rendíbeis para grandes empresas pero ruinosos e inviables para as granxas familiares.

Campaña contra a granxa de Noviercas a nivel europeo

Por todo o devandito, dende o Sindicato Labrego Galego instamos ás organizacións do campo, aos partidos políticos, ás organizacións agrarias e á sociedade galega a expresar o seu máis firme rexeitamento á instalación dunha granxa con 20.000 vacas en Noviercas, porque sería o principio do fin do sector lácteo na Galiza e no Estado como xerador de emprego e riqueza no rural, para concentrarse nunhas poucas factorías deshumanizadas, capitalizadas por empresas sen vinculación co rural, inviables dende un punto de vista ecolóxico e sanitario e destrutoras do escaso tecido social que sobrevive no campo.

Por iso, dende o SLG iniciamos unha campaña na que xa solicitamos formalmente a todos os partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia que expresen o seu rexeitamento ao proxecto de Noviercas; ademais da recollida de sinaturas, tanto a través de Internet cunha iniciativa en http://change.org/" target="_blank">change.org, como granxa a granxa solicitando o apoio dos gandeiros e das gandeiras da nosa terra. Ademais, a través da secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, este problema foi introducido na axenda da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), nos encontros de traballo que tiveron lugar en Roma a pasada fin de semana; e foi tratado na última xuntanza do Grupo de Diálogo Civil do Leite (Civil Dialogue Group on Milk), organizado pola Comisión Europea en Bruxelas. Tamén, esta mesma semana, dende a COAG fíxoselle entrega ao comisario europeo de Agricultura, Phil Hogan, un informe para poñelo ao corrente dos riscos e ameazas que representaría autorizar un modelo de explotación como o de Noviercas na UE.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

Domingo, 10 Septiembre 2017
Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

  Xulio Ferreiro conocía perfectamente los peligros del Amianto en el Colegio Ramón de la Sagra pero prefirió mirar para otro lado dejando el peligro permanentemente.  30.05.2017 | El presupuesto...