XSG: “Se Feijóo quere subvencionar a Red Madre que o faga cos seus propios cartos e non cos dos galegos e galegas”

XornalGalicia  15 Marzo 2017  1826 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A secretaria de igualdade, Vanesa Siso, declarou que “o goberno do PP de Galicia espalla subsidiariamente a súa ideoloxía conservadora subvencionando con cartos públicos unha asociación que se cre co dereito de querer decidir sobre o corpo das mulleres.”

Bouza manifestou que “este é o feminismo sen etiquetas do que fachendea o Sr. Feijóo: subvencionar e manter con fondos públicos Asociacións que van en contra do dereito das mulleres a decidir sobre o seu corpo, así como a colexios que segregan ao alumnado por sexo.”

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2017

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) saíron hoxe ao paso da información publicada polo diario Galicia Confidencial en relación ás escandalosas subvencións públicas recibidas pola Asociación Red Madre que o seu único cometido é atacar o dereito recoñecido das mulleres a decidir sobre o seu corpo.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, manifestou que “este é o feminismo sen etiquetas do que fachendea tanto o Sr. Feijóo: subvencionar e manter con fondos públicos Asociacións que van en contra do dereito das mulleres a decidir sobre o seu corpo, así como a colexios que segregan ao alumnado por sexo.”

Bouza lamentou que “subvencionan estas Asociacións que no fondo non son máis que o mesmo que Hazte Oír, pero na aparencia tentan parecer máis moderadiñas. Ao fin e ao cabo non é máis que a subvención da súa propia ideoloxía, xa que hai que lembrar que o Partido Popular de Galicia con Feijóo á cabeza votou sempre no Parlamento en contra do dereito das mulleres a decidir, aínda que o presidente da Xunta logo fose polos platós televisivos dicindo o contrario para ir de progre.” Pola súa banda a secretaria de igualdade, Vanesa Siso, declarou que “o goberno do PP de Galicia espalla subsidiariamente a súa ideoloxía conservadora subvencionando con cartos públicos unha asociación que se cre co dereito de querer decidir sobre o corpo das mulleres. O moderado Feijóo dá leccións de feminismo ante os medios ao tempo que coarta a liberdade das mulleres, como fixo no seu día Gallardón.”

Siso manifestou que “apelando á liberdade de expresión, menoscaban os dereitos das mulleres. Non todo vale, e con estes actos demostran cal é a verdadeira cara de quen nos goberna en Galicia, un partido que emprega os cartos de todos para a segregación escolar por sexos, o fomento da súa ideoloxía conservadora, en esquecer por completo que a igualdade si precisa de recursos públicos, e non só de verborrea parlamentaria para tentar enganar aos cidadáns e cidadás.”

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...