Información

O CONSELLO DE CONTAS CERTIFICA O “BLUFF” DA REDUCIÓN DE “CHIRINGUITOS” DA XUNTA DO PPdeG

Información
XornalGalicia 14 Marzo 2017 3875 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 O portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Consello de Contas, Juan Díaz Villoslada, dixo hoxe que o ente vén de certificar o “bluff do cacareado plan de redución de chiringuitos”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro maior hoxe no Parlamento para dar conta da Memoria de 2015 e os últimos informes de fiscalización do sector público.

O responsable socialista sinala que o órgano fiscalizador vén de certificar que a redución foi “máis nominal que real”, limitándose ao 1 por cento dos fondos e que pon de manifesto o “carácter propagandístico” destas medidas. Sinala que o tamaño do sector instrumental “non decreceu” debido á creación de axencias que “pasaron a xestionar descentralizadamente políticas que eran desenvolvidas polas consellerías.

A Xunta deixou en mans destas entidades, por exemplo, a xestión tributaria, as infraestruturas ou a innovación e modernización tecnolóxica, convertendo o plan de racionalización en papel mollado.

Sinalou que o informe sobre a conta xeral correspondente ao ano 2014 evidencia que a Xunta utiliza de forma abusiva o programa de “Imprevistos e funcións non clasificadas” “para realizar transferencias de crédito superando os límites legais para transferencias directas” e reclamou “maior control parlamentario” sobre estas partidas.

Díaz Villoslada advertiu que, segundo o Consello de Contas, o goberno de Feijóo continúa coa súa práctica de trasladar créditos sen xustificación a cargo dos orzamentos dos anos seguintes, neste caso 617 millóns de euros.

Advertiu do abuso da enxeñería financeira para disimular gastos, facendo por exemplo que o Fondo de Continxencia, “lonxe de servir para a atención de gastos imprevistos e non discrecionais, constitúa unha ferramenta para cubrir gastos deficientemente orzamentados”.

Alertou do alto número de entidades que continúan sen render contas, como é o caso de Augas de Galicia, ou de ata 13 fundacións públicas, que “tampouco renderon contas”, mentres “o Sergas, a Agasp e con carácter xeral os organismos autónomos non aportan estados financeiros conforme ao Plan Xeral de Contabilidade Pública de Galicia”, ofrecendo información “insuficiente”.

Dixo que a Consellería de Sanidade é a que presenta as porcentaxes de execución de fondos europeos máis baixas de todo o goberno galego, e reclamou unha “mellora da información contable do gasto farmacéutico”.

Corrupción

Díaz Villoslada aludiu ademais ás novas competencias do Consello de Contas en materia de loita contra a corrupción, que foron incorporadas ao Plan Anual de Traballo previsto para 2017. Neste sentido reclama a presentación diferenciada deste plan, “aínda que se integre na memoria anual xeral”.

Propuxo ademais a articulación de mecanismos de cooperación coa Fiscalía Superior de Galicia, a avaliación específica de medidas antifraude na contratación pública autonómica e a instrumentación de mecanismos que promovan a denuncia de prácticas corruptas e de protección das persoas denunciantes.

ROSA QUINTANA PPdeG…Orquesta con los fondos ... - Xornal Galicia

xornalgalicia.com › Galicia
7 ago. 2016 -Orquesta con los fondos públicos unentramadode entidades afines para ...Rosa Quintanaorquesta asociaciones privadas de mujeres bajo ...

ROSA QUINTANA PPdeG…Orquesta con los fondos públicos un ...

xornalgalicia.com/1590-rosa-quintana-ppdeg-orquesta-con-los-fondos-publicos-un-e...
 
7 ago. 2016 -Orquesta con los fondos públicos unentramadode entidades afines para ...Rosa Quintanaorquesta asociaciones privadas de mujeres bajo ...

Rosa Quintana fomento el sistema “Videoguard” (1.8 millones de ...

diariomaritimo.com/.../1760-rosa-quintana-fomento-el-sistema-videoguard-1-8-millo...
 
14 oct. 2015 -Al parecer esteentramadode empresas vivía desde sus inicios de las ...Rosa Quintana, conselleira de Medio Rural e do Mar, que ha tenido bajo sus ... A dimensión nacional de Galicia Añadir A FacebookXornalGalicia ...

Rosa Quintana Conselleira do Mar, "reina" de ... - Xornal de Galicia

xornaldegalicia.es/8230-rosa-quintana-conselleira-do-mar-reina-de-entramados-piram...
 
4 jul. 2016 -La actualidad desde la primera hasta la última noticia en elXornalde Galicia la nueva ...Rosa QuintanaConselleira do Mar, "reina" deentramados... y raíces en la Xunta de Galicia bajo directricesRosa QuintanaCarballo.
 

Corrupción - Xornal de Galicia para el Mundo

xornaldegalicia.es/especiales/corrupcion?start=24
 
Valoración: 1 - ‎1 voto
Xornalde Galicia 22 Agosto 2016 Sección; Especiales 304 votos .....Rosa QuintanaConselleira do Mar, "reina" deentramadospiramidales y societarios "bajo ...

Rosa Quintana Conselleira do Mar, "reina" de entramados ...

pladesemapesga.com › Comunicados
 
4 jul. 2016 -Rosa QuintanaConselleira do Mar, "reina" deentramadospiramidales y societarios "bajo trasiego" que emana de fondos públicos dentro de la ...

Rosa Quintana dió la estocada a la flota gallega con 1.3 mil euros de ...

xornalgalicia.blogspot.com/2017/01/rosa-quintana-dio-la-estocada-la-flota.html?m=0
 
Xornalde Galicia, La actualidad desde la primera hasta la última noticia en elXornal...Rosa Quintanadió la estocada a la flota gallega con 1.3 mil euros de fondos ... #ACoruña, #Emalcsa, #FundaciónEmalcsa y #entramado#soicietario #A..

Frank Cuesta en pie de guerra contra Ana Rosa Quintana - Vanitatis

www.vanitatis.elconfidencial.com › Televisión › Programas TV
 
26 ene. 2017 -Frank Cuesta en el vídeo que ha dedicado a AnaRosa Quintana... [Leer aquí: Brutal paliza a un cámara de Ana Rosa que investigaba la ...

Raquel Gago pide auxilio a Ana Rosa Quintana - La Vanguardia

www.lavanguardia.com/.../ana-rosa-quintana-mensaje-auxilio-raquel-gago-isabel-carr...
 
22 dic. 2016 -AnaRosa Quintanarecibe un desesperado mensaje de auxilio.

Otros articulos relacionados.....