Información

A mayoría dos peridistas da CRTVG en San Marcos denuncian o último e escandaloso caso de manipulación informativa.

Información
XornalGalicia 13 Marzo 2017 3309 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Un redactor da TVG pide amparo pola emisión dunha noticia súa manipulada

Eliminaron as críticas a Xunta de Galicia e un parágrafo da información.

 

San Marcos 13 de Marzo de 2017

O luns, 6 de marzo no Galicia Serán emitiron unha noticia premeditadamente recortada para eliminar partes que se emitiran na edición do mediodía.

Un redactor de longa traxectoria e recoñecido prestixio elaborou unha peza informativa sobre o cultivo de ostras en Galicia baseado en entrevistas feitas na Universidade de Santiago a un equipo de investigación en acuicultura. Unhas entrevistas que non buscou el senón que, neste caso, llas asignaron a primeira hora da mañá sen tempo para documentarse sobre o tema do que versaban ditas entrevistas. Despois elaborou esta información para o programa Galicia Noticias Mediodía:

http://www.crtvg.es/informativos/investigadores-galegos-reducen-a-metade-o-tempo-de-cria-da-ostra-autoctona-2777439

Na edición da tarde, Galicia Noticias Serán, quedou “MUTILADA”, como o mesmo traballador afirma, aínda que mantiveron a súa “voz en off”. Esta mutilación foi para evitar que os espectadores puideran escoitar a declaración dun técnico que criticaba a actitude do goberno autonómico na cría e cultivo de moluscos en Galicia. Ese técnico dicía que a Xunta está desaparecida na atención a explicaba o porqué en 22 segundos de intervención.

 

Tamén suprimiron o parágrafo final da noticia, que dicía:

 

"Este especialista en cultivo de moluscos afirma queá Xunta non lle interesa aumentar a produción destas especies e lembra que nas depuradoras galegas predomina o marisco foráneo".

 

http://www.crtvg.es/informativos/investigadores-galegos-descobren-como-reducir-o-tempo-de-cria-a-metade-da-ostra-autoctona-2777981

As excusas e argumentacións falsas que dan para casos coma este que se dan tódolos días na redacción é que a noticia é moi longa, para repetila integramente.

Dende o Comité de San Marcos esiximos que cesen as prácticas de manipulación e a posta en marcha inmediata do Consello de Informativos comprometido na Lei de Medios. Tamén que se asinen os traballos con rótulos onde apareza o nome da redactora ou redactor como xeito de visibilizar o traballo ben feito por parte das traballadoras e traballadores..

O Comité de San Marcos rexeita enerxicamente que se faga este uso perverso da información elaborada por un xornalista con criterios profesionais e non dependentes do que lles gusta oír aos gabinetes de comunicación en San Caetano.

 
 
 
 
 
 
 

Celta B pón a sexta en Abegondo (1-3)

O Celta B encadeou a súa sexta vitoria consecutiva este domingo en Abegondo e, a falta de pecharse...

El Deportivo de Escotet el Venzolano se queda a un paso del título y de la Fase de Ascenso

    El Deportivo  hizo los deberes en la última jornada de liga en el grupo 1º de Se...

Feixóo ten que dar explicacións pola sentenza que permitirá ás eléctricas subir o recibo da luz

Ana Pontón “Os tentáculos do lobby enerxético están nos consellos de ministros e na tamén na ...

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....