Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O que conta a Xustiza aos ciudadanos....

Os órganos xudiciais galegos pecharon 2016 cun 10 % menos de asuntos en trámite que un ano antes

https://www.google.es/#q=causas+sen+investigar+da+xustiza+en+galicia&* Aproximadamente 211.000 resultados


•  Os xulgados e tribunais ingresaron 334 410 novos asuntos o ano pasado, un 25 % menos que en 2015

•  A reforma da LECrim provoca un descenso do 36 por cento de entrada de asuntos na xurisdición penal

•  Diminúe tamén o ingreso de casos na comunidade na xurisdición civil, pero aumenta na social e na contencioso-administrativa

A Coruña, 8 de marzo de 2017.-

Os órganos xudiciais de Galicia ingresaron o ano pasado 334 410 novos asuntos, fronte aos 442 941 de 2015, o que supón unha diminución interanual do 25,6 por cento, segundo os datos do informe 'Situación dos órganos xudiciais no ano 2016', feito público hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial.

O descenso máis acusado en canto á entrada deuse na xurisdición penal, cun 36,5 % menos de novos asuntos en 2016. Como xa se explicou en informes anteriores, esta importante redución no número de novos asuntos obedece en gran medida á entrada en vigor o 6 de decembro do ano pasado da Lei 41/2015, do 5 de outubro, de modificación da Lei de Axuizamento Criminal (LACrim) para a axilización da xustiza penal e o fortalecemento das garantías procesuais, que reformou o artigo 284.2 desta norma no sentido de establecer que, con carácter xeral, non se remitirán aos Xulgados de Instrución e de Primeira Instancia e Instrución os atestados policiais nos que non exista autor coñecido do delito denunciado.

A reforma legal ten tamén reflexo no número de asuntos resoltos polos tribunais da comunidade o ano pasado, que foi de 347 663, cunha media de 1353 por órgano xudicial. A cifra supón un 25,5 por cento menos que en 2015, cando a LACrim aínda non fora modificada e se contabilizaban os asuntos que deixaron de ingresar e que antes se resolvían de forma inmediata cun auto de arquivo por falta de autor coñecido.

O número de procedementos que quedaron en trámite ao final do ano en Galicia foi de 123 833, fronte aos 136 466 de 2015, o que supón un dez por cento menos.

Datos por xurisdicións

Na comunidade descendeu tamén o número de asuntos ingresados na xurisdición civil. O ano pasado rexistráronse 116 308 casos, o que representa unha diminución interanual do 10,6 %. A cifra de asuntos resoltos foi de 120 118 e a de asuntos en trámite ao final do período de
53 942, un 1,2 % menos que o ano pasado.

Na xurisdición penal, o número de novos asuntos foi de 177 470, un 36,5 por cento menos que en 2015. Nesta xurisdición resolvéronse 183 798 asuntos e quedaron en trámite ao final do período outros 37 679, un 21 % menos que ao comezo do período.

Na xurisdición contencioso-administrativa, fronte á tendencia á baixa no conxunto do Estado, en Galicia rexistrouse en 2016 un aumento na entrada de asuntos. Os xulgados e tribunais recibiron 9985 casos novos, o que supón un 2,8 % máis con respecto a 2015. O número de asuntos resoltos foi de 11 586 (un 3,8 % máis que no ano anterior) e o de asuntos en trámite ao final do ano de 6349, o que supón un descenso do 14,2 %.

Aumentaron tamén os asuntos ingresados na xurisdición social. O ano pasado recibíronse 30 647 novos casos, que representan un crecemento do 1,6 % respecto de 2015. Nesta xurisdición resolvéronse 32 161 asuntos e quedaron en trámite 25 863, o que supón un 6,7 por cento menos que o ano anterior. A taxa de litixiosidade en Galicia (123) sitúase lixeiramente por baixo da media estatal en 2016, que foi de 125 asuntos por cada mil habitantes.


Os datos por Tribunais Superiores de Xustiza e por provincias están dispoñibles na seguinte dirección:

http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Estadistica-Judicial/Actividad-judicial-por-territorio">http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Estadistica-Judicial/Actividad-judicial-por-territorio

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Ciudadanos (Cs) acusa al Gobierno de Xulio Ferreiro y denuncia el abandono del entorno de la Torre de Hércules.

Ciudadanos (Cs) acusa al Gobierno de Xulio Ferreiro y denuncia el abandono del entorno de la Torre de Hércules.

A Coruña, 20 Abril 2017. Ciudadanos (Cs) A Coruña denuncia la lamentable situación del entorno de la zona de la Torre de Hércules por falta de mantenimiento.