Información
Portada

O TSXG dita unha nova sentenza contra Erimsa por outra concesión mineira en Cospeito

Información
02 Marzo 2017 3348 votos

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ditar unha nova sentenza contra Erimsa, tralo fallo desestimatorio que tivo que encaixar a empresa a finais do ano pasado pola concesión Alicia 5917. Agora, con data do 1 de febreiro de 2017, o TSXG dita un novo fallo xudicial, moi semellante ao devandito, polo que desestima o recurso contencioso-administrativo interposto pola mineira norueguesa contra a Consellaría de Medio Ambiente pola desestimación, por silenzo administrativo, da licenza para explotar o cuarzo da concesión Karles 5519, que abrangue 514,78 hectáreas nas parroquias de Xermar, Roás e Bexán (Cospeito).

 

Tras esta nova sentenza, dende o Sindicato Labrego Galego volvemos insistir en que a Xunta de Galicia debe declarar definitivamente a caducidade das concesións mineiras a Erimsa na Terra Chá. A Xunta non pode seguir agachándose no silenzo administrativo cando, unha tras outra, estanse fallando sentenzas xudiciais que avalan as nosas denuncias. A Xunta non pode seguir calando cando está en xogo o futuro social e económico dunha das comarcas agrogandeiras máis ricas e importantes de Galiza ao estar afectadas 5.700 hectáreas nos concellos de Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Abadín, Vilalba e Riotorto. Cómpre lembrar que o Sindicato Labrego Galego, tras solicitar a caducidade destas concesións mineiras en seis ocasións dende 2013, e tras pedir unha entrevista con responsábeis da Consellaría de Industria para tratar o tema, sen que ningunha solicitude fose atendida, presentamos unha queixa diante da Valedora do Pobohttp://xornalgalicia.com/#sdfootnote1sym1.

Tamén, a xeito de recordatorio, lembramos que, dacabalo dos anos 2012 e 2013, Erimsa perdía cinco contenciosos administrativos que tiña interpostos contra os concellos de Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza. Nese mesmo período, a Erimsa denegábanlle as licenzas os concellos, previa denegación da autorización autonómica.

Despois de serlle denegados todos os permisos á concesionaria, varios colectivos instaron á Xunta para que iniciase os expedientes para declarar caducadas as concesións mineiras, aprobadas por trinta anos e prorrogables até noventa. Sen embargo, a única contestación da Xunta foi o silenzo administrativo, pois nin iniciou os expedientes de caducidade nin contestou aos colectivos que a interpelaron.

Ademais, Erimsa recorreu diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza a autorización previa á concesión de licenza municipal dos proxectos Pastoriza 5562 (A Pastoriza), Karles 5519 e Alicia 5917 (ambos de Cospeito). Nestes procedementos, chama a atención que, por parte dos gobernos municipais, só se teña personado o concello d'A Pastoriza, mentres que o de Cospeito, un dos máis afectados, fixo deixadez da súa obriga de defender os intereses da veciñanza e non se personou.

http://xornalgalicia.com/#sdfootnote1anc" moz-do-not-send="true">1http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=7&i=1333http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=7&i=1333

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi