Información

Ana Pontón: “O goberno de Feijóo leva cen días en stand by e sen defender os intereses d@s galeg@s”

Información
XornalGalicia 25 Febrero 2017 3607 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Para a  portavoz do BNG, os cen días do goberno de Feijóo caracterizáronse pola    negativa do Partido popular a desbloquear a comisión das caixas, vetar a comisión de investigación do accidente de Angrois, boicotear un Concerto económico que permitiría  a Galiza contar con 3.000 M€ máis e aceptar novos retrasos no ferrocarril

A portavoz do BNG, Ana Pontón acusou hoxe a Feijóo de levar cen días  ao fronte dun goberno en “stand by, vello e sen ideas” e cunha grande dilixencia só para responder con “submisión aos intereses do Partido popular e de Madrid”, submisión, que  por certo, dixo, “sáenos moi cara en Galiza”.

Pontón destacou que nos   cen día de goberno de Feijóo,  a comisión das caixas continúa  bloqueada, o PP  vetou a comisión de investigación do accidente de Angrois,  boicoteou  un concerto económico que permitiría a Galiza contar con 3 mil millóns de euros máis e a aceptou “sen rechistar” os novos retrasos no ferrocarril impostos por Madrid.

Por outra parte, a nacionalista tamén se referiu á eliminación da convocatoria de oposicións no ensino e sanidade supeditada “á aprobación dos orzamentos xerais”. O goberno de Feijóo, afirmou Pontón, acepta que o ministro de Facenda, Cristobal Montoro “suspenda o proceso de oposicións aprobado en Galiza”. Se en Galiza temos recursos públicos suficientes nos orzamentos para poder cubrir esas prazas educativas como é posible que Feijóo asuma a suspensión das oposicións? Preguntou. “Dende o BNG  reclamamos  que manteña a convocatoria de  oposición e non acepte a imposición de Montoro”.

Para a  portavoz nacionalista, Feijóo non pode aceptar os ditados de Madrid e suspender as oposicións, na súa opinión, sería como   “suspender a Autonomía  ou  o Estado de Autonomía”.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi