Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
A asemblea xeral do Eixo Atlántico celebra en Lugo os 25 anos de cooperación entre Galicia e Portugal

O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular celebrou hoxe en Lugo, por primeira vez, a súa Asamblea Xeral Anual, coa representación das 38 cidades e entidades que o integran. Esta asemblea coincide coa efeméride do 25 aniversario desta entidade de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal.

A Alcaldesa de Lugo deu a benvida no comezo da reunión, que se desenvolveu no Museo Interactivo da Historia, e que contou coa presenza do presidente do Eixo Atlántico e Alcalde de Braga, Ricardo Río, o Vicepresidente, Alfredo García, o Secretario Xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, así como o secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez Pomar, quen participou na clausura.

A xuntanza comezou cun minuto de silencio en lembranza do alcalde de Matosinhos, Guilherme Pinto, recentemente falecido, un gran defensor e impulsor da cooperación transfronteirza, algo que se visualizou con feitos como a organización dos Xogos do Eixo, que no vindeiro mes de xullo acollerá de xeito simultáneo Lugo, Sarria e Monforte.

Durante a súa intervención, a rexedora, anfitroa da reunión, destacou o papel do Eixo Atlántico como entidade de xestión capaz de buscar sinerxias entre dúas rexións con iguais problemáticas e o mesmo denominador común, para cohesionar o territorio e impulsar o seu crecemento dun xeito equilibrado e xusto. Nesta liña, Lara Méndez definiu o Eixo como "unha institución fundamental para o desenvolvemento dunha cidade como é Lugo, dunha comarca, dunha provincia, dunha comunidade autónoma e dunha Eurorrexión".

Lara Méndez defendeu un eixo interior, o que vai a desenvolverse entre Lugo e Tras-os-Montes, como motor de dinamización económica, "que buscamos que sexa similar ao atlántico, para que sexamos unha eurorrexión dunha soa velocidade". De aí que a Alcaldesa reivindicara infraestruturas, para evitar dúas velocidades, e para evitar que Lugo quede illado, tanto social como economicamente, se o AVE non chega a Lugo no 2019. Por iso, tamén a importancia da liña ferroviaria Lugo-Ourense e da realización dunha Intermodal.

Liñas de actuación 2017 Durante a asemblea aprobouse un orzamento de tres millóns de euros para este ano, realizouse un balance da xestión de 2016 e foron presentadas por parte do presidente e vicepresidente as principais liñas de actuación de 2017.

Por unha banda, no que respecta ás infraestruturas, o eixo defendeu ante o secretario de Estado de Infraestruturas a necesidade da saída sur por Vigo do tren, que posibilitará unha conexión directa entre A Coruña e Lisboa; así como a conexión ferroviaria entre Lugo e Ourense; o impulso definitivo ao Porto Seco de Monforte, que permitirá a conexión coa rede transeuropea de transportes; ou a mellora do trazado da estrada Bragança-Puebla de Sanabria, que facilitará o acceso dos cidadáns de Tras-Ós-Montes ao AVE que conectará Galicia con Madrid e Europa.

No ámbito cultural e deportivo, destaca a celebración da feira de turismo de proximidade Expocidades, prevista este ano en Vila Real no mes de xuño; ou os XII Xogos do Eixo Atlántico.

No eido cultural os membros da asemblea tamén acordaron o apoio formal do Eixo á candidatura dos Caretos do Entroido de Macedo de Cavaleiros para ser recoñecidos como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.

Congreso en Braga Ademais, unha das principais liñas de traballo do Eixo actualmente é Axenda Urbana, que supón un conxunto de estratexias que teñen como obxectivo situar no horizonte de 2020 as cidades asociadas nunha mellor situación competitiva. A Axenda Urbana do Eixo Atlántico será presentada no marco do congreso que se celebrará en xuño en Braga con motivo dos 25 anos do Eixo Atlántico.

No congreso de Braga tamén se recoñecerá de xeito especial, coa entrega das medallas do 25 aniversario, a tres europeístas claves no nacemento do Eixo como foron o entón alcalde do Porto, Fernando Gomes; o que fora director xeral de Política Exterior da Comisión Europea, Eneko Landaburu; e o presidente da Comisión Europea naquel momento, Jacques Delors.

Por último, cómpre destacar o acordo para propoñer na vindeira Cumbre Ibérica Eixo aos gobernos de España e Portugal dun novo modelo de relacións entre ambos países que substitúa ao obsoleto tratado de Valencia.

Exposición Con motivo do 25 aniversario da creación do Eixo Atlántico inaugurouse tamén unha exposición conmemorativa na Praza Maior de Lugo. Trátase dunha mostra composta por 36 lonas articuladas en forma de 9 cubos onde se fai un percorrido pola historia do Eixo e os seus grandes fitos de cooperación transfronteiriza e vertebración do sistema urbano. Todas as persoas interesadas poderán gozar da mostra ata o vindeiro mércores.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...