Información
Portada

Denuncian ao Goberno de Feijóo do errático calendario vacinal infantil e xuvenil para beneficiar as farmacéuticas.

Información
18 Febrero 2017 3393 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O portavoz de sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, vén de rexistrar varias preguntas no Parlamento para pedirlle explicacións ao goberno galego pola súa “errática e variable” política co calendario vacinal infantil e xuvenil. O socialista lembra a limitación da vacina da tose ferina e a falta de subministro e eliminación do calendario da vacina da meninxite B, ao que agora se suma a limitación de aplicación da do Tétanos-Difteria (Td). Por todo isto, denuncia a “incerteza sobre a posición fronte á industria farmacéutica”, e o “nivel de esixencia e rigorosidade que se está a demandar ás empresas que teñen contratos, de elevadas contías, para a subministración de produtos farmacéuticos coa administración”.

 

Un dos elementos que causa maior desagrado na sociedade é a percepción de que as alteracións nas vacinacións están suxeitas unicamente a criterios de dispoñibilidade por parte das farmacéuticas, e que isto pode responder a criterios empresariais e non clínicos ou de produción”, critica Torrado, que apunta a “incertidume e intranquilidade” que a política da Xunta está a provocar nas familias. Ademais, pide explicacións sobre “que criterios ou informes médicos” avalan as declaracións de representantes do goberno galego que afirman que a perda da vacina Td dos 14 anos non supón ningún risco incrementado e datos sobre o subministro da mesma.

Os socialistas levarán tamén nesta semana á comisión de sanidade a problemática da vacina da meninxite B, e pedirán compromisos concretos para a recuperación da vacinación da tose ferina, limitada desde 2015, así como coñecer se aplicarán esta vacinación para as cohortes xeracionais que non a recibiron. A medida de limitación desta vacina afecta a 46.764 nenos e nenas de Galicia que cumpriron 6 anos nos anos 2015 e 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística. Pola súa banda, a suspensión da aplicación da vacina do Td para os nenos e nenas que deberan aplicar a dose de recordo no 2017 ao cumprir 14 anos afecta a unha franxa que no ano 2016 englobaba a 21.346 rapaces e rapazas da comunidade.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...