Información
Portada

Portas xiratorias no PPdeG-Xunta: OS SOCIALISTAS PREGUNTAN NO PARLAMENTO POLO NOMEAMENTO DO XERENTE DO SERGAS COMO VOGAL DO PORTO DE VILAGARCÍA

Información
17 Febrero 2017 4145 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Julio Torrado quere saber se os criterios son “os mesmos que seguiron no nomeamento de Fernández de Mesa como conselleiro na empresa de capital público Rede Eléctrica”

Vilagarcía de Arousa, 17 de febreiro de 17. O deputado socialista Julio Torrado anunciou hoxe unha batería de iniciativas parlamentarias para que o Goberno galego explique os criterios que seguiu para o nomeamento do xerente do Sergas como vogal do Porto de Vilagarcía de Arousa, tal e como aparece publicado hoxe no DOG.

Os socialistas levarán este nomeamento a Pleno e Comisión, para que o goberno galego explique esta polémica decisión e, segundo o responsable socialista, porque “a sociedade galega merece saber o porqué deste nomeamento”. Ademais, engadiu, “os galegos e galegas teñen o dereito a coñecer os criterios que levaron a promocionar ao xerente do Sergas dentro do Porto”.

Preguntou en concreto “se están a seguir os mesmos criterios que os levaron a promocionar a Arsenio Fernández de Mesa como conselleiro da empresa de capital público Rede Eléctrica”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...