Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Unha vez máis todos os do goberno do PPdeG, ponse do lado dos estafadores e traizoa a miles de familias negándolles a posibilidade de recuperar os seus aforros.

 

Santiago, 14 de xaneiro de 2017.- En marzo de 2014 o Parlamento galego aprobou definitivamente e por unanimidade unha Proposición de Lei presentado polo BNG, na que se instaba ao Congreso dos Deputados a modificar a Lei 9/2012, que incorporou ao ordenamento xurídico estatal as condicións do rescate bancario e legalizou, de facto, a estafa das preferentes e a aplicación de “quitas”  ao capital das persoas estafadas.

No Parlamento galego, o PP votou a favor desta iniciativa do BNG, argumentando o seu portavoz, Pedro Puy, que supoñía un “ chanzo máis na procura dun fin compartido: que o 100% dos enganados con preferentes recuperen o 100% dos seus aforros”. So foi un lavado de cara. Aquela mesma Proposición de Lei, presentada no Congreso por iniciativa do BNG, co obxectivo de axilizar a súa aprobación e devolver, o antes posible, os seus aforros ás persoas estafadas e mudar a lexislación para impedir novas estafas bancarias, foi rexeitada pola maioría absoluta do PP. 

Onte no Congreso dos Deputados repetíase a historia. O veto do Goberno do PP a que fose tramitada no Congreso a Proposición de Lei aprobada por unanimidade no Parlamento galego, evidencia, unha vez máis, a política hipócrita que leva anos practicando no noso país, apoiando aquí medidas, cando non lle queda máis remedio, que logo nega ou impide que se leven adiante desde o Goberno do Estado

.

Este veto do PP, alegando que a aprobación da citada Proposición de Lei “xeraría un aumento do déficit público e das necesidades de financiamento do FROB”, pon ao descuberto a súa falacia cando afirmaban que a estafa das preferentes estaba resolta a favor de todas as persoas afectadas. Confirma, polo tanto, que aínda quedan miles de clientes minoristas no Estado sen recuperar os seus aforros, preto de 10.000 millóns de euros segundo o FROB, deles, uns 100 millóns de familias galegas. Tamén pon de manifesto, unha vez máis, que o PP sempre se pon do lado da banca, xustificando ou avalando as súas estafas, cando non pagando cos nosos impostos e aforros os seus privilexios e desfalcos.

Si en Galiza a maioría das persoas estafadas recuperamos os nosos aforros, foi grazas a loita, firme e continuada das Plataformas, que durante preto de 3 anos nos mobilizamos a diario para esixirlle ás entidades bancarias, ao Goberno e Xunta, a devolución do capital que nos roubarán. Si dependera do PP e dos Gobernos que ocupa, estariamos como no resto do Estado: sen recuperar os nosos cartos ou agardando por unha sentenza xudicial que no los devolva

.

As Plataformas que formamos parte da Coordinadora Galega das Preferentes xa non agardamos nada dos nosos gobernantes. O Sr. Feijóo seica volveu moi satisfeito do recente Congreso do PP, pois aceptaranlle, dixo, todo o que pediu. Serian cousas del e da súa camarilla, pois do prezo do noso leite e da carne non falaron, nin do prezo da luz, nin das estafas bancarias, nin dos recortes en servizos públicos, nin de corrupción, etc.. Xa dixo o Sr. Rajoy, outro galego de pro, que “si as cousas funcionan, para que cambialas”. Traizoar ao pobo, premiar aos corruptos con embaixadas ou Consellos de Administración das multinacionais, manter no seu posto aos responsábeis políticos de permitir as estafas, etc., non lles preocupa, mentres sigan colleitando apoio suficiente para seguir no goberno.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

Domingo, 10 Septiembre 2017
Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

  Xulio Ferreiro conocía perfectamente los peligros del Amianto en el Colegio Ramón de la Sagra pero prefirió mirar para otro lado dejando el peligro permanentemente.  30.05.2017 | El presupuesto...