Os socialistas dende a Deputación de Ponetvedra non avalarán o proxecto da empresa privada ENCE para un espazo público coma Lourizán

XornalGalicia  14 Febrero 2017  2318 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A presidenta asegurou que o seu Goberno sempre apoiará proxectos medioambientais e de I+D que sexan públicos e desenvolvidos pola Xunta. "Ese é o noso modelo de colaboración entre administracións"

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou hoxe, tras o encontro co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, no que tamén participaron o vicepresidente da institución provincial, César Mosquera, e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, que "a Deputación está máis que disposta a colaborar coa Xunta de Galicia nun futuro centro de investigación, pero que, como é lóxico, o Goberno provincial non pode apoiar o desenrolo dun proxecto dunha empresa privada como ENCE nas instalacións públicas da finca de Lourizán".

"O señor Rueda veunos mostrar un proxecto de ENCE, non un proxecto de I+D ou de inversións medioambientais da Xunta de Galicia para Lourizán.  Foi  o vicepresidente da Xunta quen insistiu en que nos traía o proxecto da empresa ENCE, e de feito a documentación que mostrou é unicamente da firma pastera", subliñou Carmela Silva nunha rolda de prensa posterior, acompañada por César Mosquera. A presidenta reiterou, como así o ten transmitido, que desde a institución provincial sempre se traballou con toda a colaboración entre as administracións "pero que nunca imos avalar un proxecto dunha empresa privada en dependencias públicas".

Neste sentido, a presidenta insistiu en que a Deputación sempre colaborará coa Xunta de Galicia se quere desenvolver no terreo de Lourizán un proxecto ambiental de protección do monte pero "non se o que quere a Xunta é regalarlle a ENCE unha finca pública para que a empresa desenvolva o seu propio proxecto de investigación".

A presidenta da Deputación recordou que desde 1943 a finca de Lourizán, xa naquel momento, dependía do Estado español, pero, tras o proceso de transferencia de competencias ás comunidades autónomas, asinouse un convenio coa Xunta de Galicia para establecer o uso da totalidade do terreo. Neste convenio xa se establecía a finalidade para desenvolver un proxecto ambiental para a xestión do monte, un proxecto museístico dinámico e un paseo para coñecer o patrimonio, "que a Xunta nunca desenvolveu".

Estes aspectos foron os que César Mosquera e Carmela Silva lle transmitiron ao vicepresidente da Xunta. "Que o Goberno galego leve adiante o proxecto medioambiental de xestión do monte pero non que unha empresa privada desenvolva o seu proxecto, que foi o que nos plantexaron hoxe. Nos non cremos neste modelo de colaboración, senón no modelo de que cada Administración cumpra cos seus convenios e acordos, pero non avalar a unha empresa que quere investir cinco millóns de euros porque acadou unha prórroga por 60 anos máis das súas instalacións na ría de Pontevedra", destacou Silva.

Pola súa parte, o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, foi claro tamén sobre a cesión do pazo de Lourizán a Ence: "A Deputación non vai avalar o pacto ambiental entre o PP e Ence. Por aí non imos pasar. Non imos aceptar ‘migallas' a cambio do acordo para a súa prórroga outros 60 anos na ría de ningunha maneira. Iso non é unha sorpresa. O que se nos plantexa non é un proxecto da Xunta, é unha especie de patrocinio", salientou.

Así mesmo, Mosquera subliñou que a pasteira non precisa o pazo de Lourizán para investigar, senón só como "espazo de representación ou emblema". Para demostralo desvelou que a área de laboratorios solicitada apenas ten 60 metros cadrados, aos que se suman 40 para unha planta piloto, e outros 270 de salas de reunións e conferencias. "Só hai que comparar os metros que demandan (370) cos que hai na finca (540.000 m2). Non terán ese espazo en calquera outro sitio para investigar?", cuestionouse.

Sobre a viabilidade xurídica dunha posible cesión do pazo de Lourizán a Ence Mosquera insistiu en que, dado que actualmente o uso está en mans da Xunta, non é factible: "sería unha cesión a terceiros", dixo. Pola súa banda, en canto á colaboración co Goberno galego, Mosquera quixo deixar claro tamén que a Deputación dará todas as facilidades a calquera proxecto autonómico de investigación porque "hai o máximo interese en manter unha boa relación".

Por último, Carmela Silva subliñou que este tema será abordado na próxima xuntanza co presidente da Xunta, o día 27, entre outros moitos temas, pero tamén o da situación actual do propio pazo de Lourizán. 

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...