Información
Portada

Denuncian "AMAÑO" na concesión do 061 polo goberno de Feijóo

Información
12 Febrero 2017 3007 votos

OS SOCIALISTAS URXEN “EXPLICACIÓNS E RESPONSABILIDADES POLÍTICAS” POLAS PRESUNTAS IRREGULARIDADES NO CONCURSO DO 061

Julio Torrado reclama unha resposta polas “evidencias específicas” que apuntan a o uso de información privilexiada por parte dunha empresa concreta

 

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 17. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe “explicacións claras e a asunción de responsabilidades políticas” no goberno galego polas presuntas irregularidades no concurso de ambulancias do 061.

O responsable socialista presentou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que reclama unha resposta “contundente” diante das “evidencias específicas sobre presunta información privilexiada por parte dunha empresa concreta” no dito concurso.

Torrado esíxelle ao goberno galego que garanta “que o concurso de adxudicación feito pola Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, dependente do Sergas, e que se atopa baixo investigación, foi realizado de maneira correcta, transparente e cumprindo toda a legalidade”.

Neste sentido, reclámalle á Xunta que explique “cómo é posible que poida haber presentado evidencias de que había empresas que coñecían das condicións do concurso antes de que se convocara”.

O responsable socialista pregúntalle ao goberno “qué tipo de medidas ten tomado” con relación a este caso, máxime cando “os socialistas galegos xa lle temos preguntado por esta situación en setembro de 2015, cando revelamos o presunto amaño da concesión denunciado polas empresas para concedérllelo en boa parte a Ambuibérica, representada por un ex alcalde e un ex deputado do PP”.

Tamén preguntamos daquela a través do deputado Xosé Sánchez Bugallo, pola sospeitosa alteración nas condicións do contrato e advertíamos –explicou- que o concurso do servizo de ambulancias do 061, que ascende a 121 millóns iniciais por catro anos e ampliable ata 197 por dous anos mais, incumpre as recomendacións da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia sobre equidade e transparencia.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....