Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Foto; La Diputación de Pontevedra pagaba las comilonas del PP en Ribadumía.

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao goberno galego de ser “ineficaces, prevaricadores, ou as dúas cousas xuntas” logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulara a súa Orde que habilitaba o traslado de profesores de música aos conservatorios. No debate dunha pregunta oral en Comisión, acusou ao goberno galego de facer unha norma “ad personam”.

A responsable socialista criticou que a Consellería de Educación intente disfrazar de “aproveitamento eficaz dos recursos públicos” unha norma anulada pola xustiza por desviación de poder. Dixo que “todo leva a pensar que había algo máis que un simple erro” ao permitir que profesores de música de secundaria con carga horaria normal asumiran prazas provisionais nos conservatorios no curso 2014-15.

Explicou que “aqueles profesores que solicitaron o traslado a unha praza provisional non tiñan falta de carga horaria, tiñan a carga horaria regulamentaria nos seus institutos, por iso dicimos que aquí houbo moito máis do que recoñecen”.

 

Burgo advertiu que “a consecuencia da súa desviación de poder foi que cinco profesores dos conservatorios de música foran apartados das súas prazas para que estas foran asumidas de forma provisional por profesores que xa tiñan praza definitiva noutro centro de secundaria”.

Criticou que o goberno galego intentara hoxe remontarse ao goberno presidido por Touriño, cando “o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non anulou ningunha das ordes aprobadas por aquel goberno, anulou as súas”, aprobadas o 10 de xuño de 2014 para ditar normas para adxudicar destino provisional para o curso 2014-2015.

 

 

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...