Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Recuperar la Ilusión VigoAs deputadas no Congreso Ángela Rodríguez ‘Pam’, Nagua Alba e Àngela Ballester, explicaron nun encontro coa cidadanía celebrado este domingo na cidade olívica que Vistalegre II debe servir para ter un Podemos máis descentralizado, máis plurinacional, máis feminista e sobre todo, con máis poder para os territorios.

Domingo, 5 de febreiro-. Recuperar la Ilusión reivindicou este domingo nun acto celebrado en Vigo que na II Asemblea Cidadá Estatal de Podemos, coñecida como Vistalegre II, débese construír unha organización que sexa útil dende xa para a xente. Así o defenderon as deputadas no Congreso Ángela Rodríguez ‘Pam’, Nagua Alba e Àngela Ballester. Ángela Rodríguez, candidata tamén ao Consello Cidadán Estatal, incidiu en que “as propostas políticas e organizativas de Recuperar la Ilusión para o debate de Vistalegre II pretenden un Podemos máis descentralizado, máis plurinacional, máis feminista e sobre todo, con máis poder para os territorios”. “Isto último é moi importante para Galicia”, asegurou.

Nesta cuestión profundou a secretaria xeral de Podemos Euskadi, Nagua Alba, explicando que “é fundamental que neste debate se escoiten voces femininas e que non veñan de Madrid, porque o reto que temos por diante é construír un partido máis plural e no que se escoiten propostas que veñan dos diferentes territorios". “Queremos ademais construír un CCE no que haxa moito máis peso dos territorios, por iso propoñemos que haxa 62 membros elixidos directamente neles", continuou. Asimesmo, insistiu en que é prioritario “ser útiles desde xa” porque “cinco millóns de persoas confiaron en nós nas eleccións xerais e temos que estar á altura, o que implica que desde a oposición nos esforcemos para cambiar a súa vida a mellor".

Àngela Ballester, candidata ao Consello Cidadán Estatal, resaltou a vontade de diálogo da Recuperar la Ilusión, posto que “é a maneira na que elaboramos os nosos documentos. Chegamos a acordos con moitos outros equipos recompilando as mellores ideas". Nese proceso puido verse que “hai unha gran demanda na organización para que a comisión de garantías, que é o tribunal de Podemos, sexa independente da dirección". Do mesmo xeito, tamén destacou que “debemos adaptar a nosa organización a este novo ciclo político para ser útiles á cidadanía. Temos que ser alternativa ao Goberno de Rajoy, que é un goberno débil. Esta é unha gran oprotunidade, a xanela do cambio segue aberta e nós temos a obrigación e o compromiso de continuar facendo propostas e construír unha organización que poida servir ao seu pobo".

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...