Información

A Deputación atendeu medio centenar de incidencias nas estradas da provincia provocadas polo temporal

Información
XornalGalicia 04 Febrero 2017 5713 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Durante as últimas 24 horas, o servizo de reparacións urxentes da Deputación da Coruña interveu en medio cento de incidencias nas estradas da provincia provocadas polas inclemencias climáticas.

A maioría das alertas foron debidas á caída de preto de 50 árbores, a causa das fortes rachas de vento e choivas. Así mesmo, os servizos provinciais atenderon outras incidencias coma una pequena inundación na DP1914 de Carballo a Portomouro ou a presenza de restos de accidentes na calzada.

Entre as estradas onde se detectaron máis incidencias, atópanse a DP5903 de Ordes a Portomouro, a DP1704 de Cambre a Carral, a DP3802 de Ordes a Ponte Carreira ou a DP2502 de Valdoviño a Cerdido.

A actuación rápida dos servizos da Deputación garantiu o mantemento da circulación nos máis de dous mil quilómetros da rede de estradas provinciais, eliminando posibles riscos para a seguridade dos usuarios.

Forte investimento na seguridade viaria

A Deputación da Coruña destina un millón de euros aos servizos de reparación urxente de danos en toda a rede de estradas de titularidade provincial para o ano 2017. Esta dotación representa un incremento de 320.000 euros, un 47% máis, respecto do ano anterior.

Con este incremento orzamentario, a Deputación quere asegurar actuacións rápidas ante imprevistos e carencias que afecten ás condicións de seguridade da rede provincial de estradas.

Estes servizo faise cargo de tarefas coma o despexe das estradas ante accidentes, verteduras, neve, xeo e outros imprevistos. En cuestión de horas, asegúranse actuacións urxentes ante a presenza de animais e obxectos nas vías ou os desprendementos de terras, que requiran unha actuación inmediata.

Así mesmo, o servizo asegura unha reparación inmediata de baches, desperfectos no firme e outras cuestións que supoñan un perigo para a circulación de vehículos e persoas.

El PSOE reclama a Monserrat un sistema unificado para acceder a todas las historias clínicas en cualquier parte del territorio

    • Modesto Pose critica que desde el año 2012, el Gobierno del PP ha venido reduci...

Celta B pón a sexta en Abegondo (1-3)

O Celta B encadeou a súa sexta vitoria consecutiva este domingo en Abegondo e, a falta de pecharse...

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....