Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

Dende a asociación de bombeiros forestais de Galicia (Apropiga) queremos manifestar a nosa desolación polos danos causados polo temporal que sufríu Galicia estes días e, ó mesmo tempo, queremos denunciar a neglixencia demostrada polos responsables da Dirección Xeral de Emerxencias e consellería de Medio Rural que en ningún momento mobilizaron ós bombeiros forestais que forman parte do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia (Spdcif).
Brigadas e vehículos motobomba estiveron parados nas súas bases e non foron sequera informados –e aínda menos mobilizados- da declaración, por parte das autoridades da Xunta de Galicia, dunha alerta polos riscos derivados do temporal que estivo asolando Galicia os últimos días. Resulta incomprensible que, ó mesmo tempo que os servizos de emerxencias municipais se vían desbordados polas incidencias derivadas dos fortes ventos e as copiosas chuvias, ó persoal do Spdcif (con medios e persoal capacitado) non se mobilizara.
Apropiga xa denunciou no ano 2009 a neglixente actitude da Xunta de Galica ó non aproveitar de xeito eficaz os recursos dos que dispón. Daquela o ciclón Klaus provocou unha cantidade enorme de incidencias que desbordaron ós servizos municipais de emerxencia e, sen embargo, ós medios dos que dispoñía a Xunta integrados no Spdcif non fomos mobilizados para participar nas labores de auxilio á poboación.
Denunciámolo entón e o denunciamos agora: a Xunta non aproveita o potencial dos recursos cos que conta. Resulta frustrante para os profesionais do Spdcif que non se conte con nós e se nos deixe nas bases cando hai persoas desaparecidas a pesar de ser os que mellor coñecemos os montes de Galicia, cando podiamos estar participando na retirada de árbores caídas ou danos causados polo temporal xa que contamos con equipos e persoal apto, cando non se nos mobiliza en caso de inundacións, cando hai poboacións illadas polas nevaradas e non se mobiliza ós medios do Spdcif que dispoñen de vehículos que serían aptos para socorrer esas poboacións. En suma, resulta inaceptable que a Xunta non saque partido dos medios públicos dos que dispón para atender as emerxencias ó tempo que privatiza unha parte delas.
Na liña da nosa esixencia da maximización dos recursos públicos dispoñibles, o temporal causou grande número de destrozos –aínda por evaluar- nas infraestruturas que son fundamentais para a loita contra os incendios forestais de xeito especifico. Estamos a falar de grande número de árbores caídas que obstaculizan o acceso ós montes, de quilómetros de pistas desfeitas pola chuvia, de puntos de auga afectados, etc... Por isto, consideramos necesario que comecen de inmediato os traballadores que agora mesmo están cesados para desenvolver os traballos de prevención necesarios, traballadores fixos-descontínuos de 9 meses que foron cesados en novembro e que deberían comezar traballar canto antes para resolver todos os problemas causados nos montes de Galicia polo temporal e que afectan ás infraestruturas necesarias para unha eficaz loita contra os incendios forestais.
Dende Apropiga, seguimos a esixir que, tanto os 626 traballadores contratados durante 9 meses cesados en novembro pasado, como os 426 traballadores contratados durante 3 meses que foron cesados o 30 de setembro de 2016, desenvolvan a súa actividade durante os 12 meses do ano pola importancia que iso supón para a máxima profesionalización e eficacia dun servizo público como o Spdcif rematando coa privatización e a fragmentación dunha parte do dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais de Galicia.
Igualmente, esiximos que se realicen os cambios necesarios nos protocolos de actuación para que a nosa participación nas emerxencias que poidan xurdir no rural (incendios en estruturas, nevaradas, accidentes, inundacións, temporais, etc..) sexan realmente efectivas participando xunto co resto dos corpos de emerxencias de Galicia e maximizando, deste xeito, os recursos públicos dispoñibles.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...