Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

primeiravivendasocialconcellodenigranA Consellería de Educación comunicou esta semana a súa desafección, o que permitirá darlle uso para casos de emerxencia social e tamén para respiro familiar e de autonomía do Centro Juan María

"É un recurso importantísimo para o Concello, por iso queremos que deixe de estar valeira e que poida cumplir canto antes cun obxectivo social", incide o alcalde.

Nigrán 30/01/17.- O Concello de Nigrán contará de cara ao verán coa súa primeira vivenda de emerxencia social, que servirá tamén para o programa de respiro familiar e de autonomía do Centro de Educación Especial Juan María. O goberno de Nigrán obtivo esta semana a autorización da desafección do uso docente desta antiga vivenda do mestre en Balinfra (Camos), o que lle permite destinala a estos novos usos sociais (o goberno local presentara esta proposta de desafección na sesión plenaria do pasado mes de xuño, procedendo tralo acordo da corporación a facer a solicitude formal ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, quen comunicou agora a súa resposta favorable). O obxectivo é poder empregar esta casa desocupada para situacións de urxentísima necesidade e tamén para que os usuarios do Centro Juan María poidan gozar de programas de respiro familiar ou de preparación para unha vida independente. "Unha vivenda é un recurso importantísimo para o Concello, por iso queremos que deixe de estar valeira para que sí cumpla un obxectivo social", resume o alcalde, Juan González.

A edificación, de 339 metros cadrados, consta de dúas vivendas, estando a do lado oeste (número 43) desocupada e deteriorada e, polo tanto, sen cumplir ningunha finalidade. A casa en cuestión (que será reacondicionada) conta con 80 metros cadrados de planta, dous pisos e xardín nunha parcela de 2.789 metros cadrados. A escola infantil á que estaba vinculada xa non cumple tal función, por esta razón o anterior goberno socialista solicitara en 2010 á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a desafección do seu uso docente, sendo concedido o 15 de marzo de 2015 e permitindo así que as escolas sirvan para albergar a Escola Municipal de Música ou o grupo de pandereteiras da Asociación Cultural A Camoesa.

"A vivenda é un dereito básico das persoas que contribúe á súa integración social e calidade de vida, é moi importante que Nigrán conte con esta casa para poder destinala a casos de emerxencia e para que as persoas con diversidade funcional poidan prepararse para a vida independente", explica o rexedor.

O Centro de Educación Especial Juan María (Parada) contou durante un ano e grazas a unha subvención cunha casa alugada para levar a cabo programas de respiro familiar cos seus usuarios, sen embargo, o elevado custe impediu que continuasen adiante. Agora dende o Concello de Nigrán se lles abre as portas a que poidan retomar esta iniciativa básica para acadar a autonomía total dos seus usuarios ou permitir que as familias descansen.

"A empregaremos para tratar de que os usuarios máis autónomos acaden a máxima independencia e tamén para respiros familiares, isto significa que as fins de semana algúns deles disfrutarían en Balinfra do seu propio ocio acompañados de monitores e ao mesmo tempo a familia podería descansar da súa labor coidadora. Todo cun cronograma polo miúdo", explican dende o centro. Así, ademáis das estancias curtas de fin de semana aberta aos 102 usuarios habería de máis longa duración para que, en pequenos grupos, os que gozan de maior autonomía aprendan a valerse por si mesmos nunha vivenda (sempre con apoio de persoal do centro). "Trátase de preparalos para a independencia total, para que poidan vivir pola súa conta", indica María Santos, directora do Centro Ocupacional.

"Este goberno non anuncia grandes inversións ou propostas porque non pretende ser populista ou confundir aos veciños; traballamos cada día de xeito ordenado para cumplir cos nosos obxectivos de goberno, como é neste caso que Nigrán dispoña por vez primeira na súa historia dunha vivenda social. Para acadar este fin primeiro estudamos tódolos recursos dispoñibles e despois demos o segundo paso, que foi presentar ante o Pleno a moción de desafección que trasladamos ante a Consellería. Unha vez acadada, agora traballaremos para acondicionar a vivenda e que esté en uso de cara ao verán. Nos falamos sempre de feitos; as casas nunca se empezan polo tellado", incide o alcalde.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...