Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Julio Torrado reclama a depuración de responsabilidades políticas pola actuación destes altos cargos investigados por un presunto homicidio por imprudencia

 

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 17. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe no Pleno do Parlamento que a Consellería de Sanidade “separe das súas funcións aos altos cargos investigados por homicidio”. O responsable socialista fixo esta petición a través dunha emenda a unha proposta de En Marea sobre o Plan Estratéxico Nacional para o tratamento desta enfermidade.

Os socialistas galegos propuxeron ampliar esta iniciativa incluíndo unha emenda para, literalmente, “garantir o correcto funcionamento da Consellería de Sanidade no relativo á hepatite C, especialmente no relacionado co trato coas persoas afectadas e o seguimento do Plan estratéxico, separando para elo das súas funcións aos altos cargos investigados por homicidio”.

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (Emenda Hepatite C.pdf)Emenda Hepatite C.pdf 139 kB

O responsable socialista sinala que a causa “supón consecuencias políticas inapelables e inaprazables” logo da “sospeita fundada” dun retraso deliberado dun tratamento por razóns de aforro orzamentario que podería ter suposto o falecemento de varios pacientes. Torrado advirte que esta situación está a provocar unha “quebra da confianza da cidadanía nos responsables da sanidade pública que debe ser restaurada de inmediato”.

Ausencia de explicacións

Torrado lembrou que o conselleiro de Sanidade “a día de hoxe continúa sen ofrecer explicacións, sen dar a cara diante dun caso de extrema gravidade, como son os feitos que se lles imputan aos altos cargos”. Como mínimo require, dixo, da presenza do máximo responsable da sanidade pública diante do Parlamento para ofrecer unha explicación convincente e trasladar cómo pensa depurar responsabilidades políticas”.

O responsable socialista emprazou a En Marea a aceptar, e ao PP a apoiar na votación final que se celebrará mañá mércores, esta emenda sobre a nova situación logo da decisión da Audiencia Provincial de A Coruña de investigar a dous altos cargos do Sergas.

Estes están a ser investigados “por un presunto delito de homicidio por imprudencia profesional grave ao retrasar o tratamento contra esta enfermidade por razóns orzamentarias”.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...