Información

O 38% dos xornalistas galegos teñen contratos temporais ou son autónomos

Información
XornalGalicia 24 Enero 2017 2502 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O 38,6% dos xornalistas galegos carecen dun emprego estable, pois teñen contratos temporais ou son empregados por conta propia. O dato resulta dunha enquisa que Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) vén de realizar entre os seus 1.100 colexiados. 

O 38,6% dos xornalistas galegos con emprego traballan cun contrato temporal ou son autónomos (empregados por conta propia) fronte ao 61,4% de ocupados con emprego fixo. O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) ven de realizar unha enquisa entre os seus colexiados e colexiadas na que se obtén unha radiografía da profesión e que revela o alto grado de concentración do emprego profesional en Santiago de Compostela e A Coruña (46,8%), debido á maior presenza nestas cidades de empresas públicas e privadas do sector.

A enquisa indica que o 32% dos profesionais ocupados traballan (por conta propia ou asalariados) en empresas de servizos de comunicación corporativa (axencias de comunicación, gabinetes de prensa); o 24% dos ocupados traballan en prensa escrita, o 15% en radio; o 14% en televisión; o 6% en medios de comunicación dixitais; o 4% dedícanse á producción audiovisual; o 1% están empregados en axencias informativas; e outro 4% dos xornalistas dedícanse á docencia.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia é unha entidade de dereito público, creada pola lei 2/1999 do 24 de febreiro polo Parlamento de Galicia, que ten a representación legal de todos os xornalistas galegos. Actualmente conta con arredor de 1.100 colexiadas e colexiados, organizados en sete demarcacións (Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Ferrol).

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, organización que representa á profesión en toda Galicia, tamén presta servizos de formación e asesoramento aos seus colexiados. Segundo a enquisa, a formación máis demandada polos xornalistas galegos está relacionada coas novas técnicas e ferramentas da internet: 78,25% demandan formación en redes sociais.

[Enquisa realizada polo CPXG en novembro de 2016 por correo electrónico e resposta aleatoria. A mostra resultante é do 11,27% dos xornalistas colexiados. Pódese consultar un resumo dos resultados http://xornalistas.gal/web/uploads/novas_adxuntos/adxunto/a4a/58871aa99e-enquisa-xornalistas-galegos.pdf">aquí]

Otros articulos relacionados.....