Información
Portada

A Xunta aumenta recursos e cartos públicos ao servizo privado de extinción de incendios forestais renunciando aos públicos propios

Información
22 Enero 2017 3877 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

sector da Autonómica de CIG-Administración vén de denunciar o aumento de funcións e tempo de traballo do dispositivo privado de extinción de incendios en detrimento do servizo público. Así consta no DOG do pasado día 11 de xaneiro, onde se publica o anuncio da contratación de brigadas e helicópteros privados  para o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) para o período 2017/2018.

Segundo denuncia a CIG-Autonómica, a Xunta de Galiza volve así ampliar os contratos de brigadas helitransportadas privadas tanto no que se refire ao número de brigadas como á temporalidade do contrato. De feito e como reflicte o prego de prescricións técnicas, neste ano 2017, haberá brigadas prestando o servizo durante todo o ano, e tamén o mesmo que no 2016, parte delas destinaranse a prevención e a extinción.

“Analizando os pregos de condicións constatamos que o material a empregar polas brigadas privadas é exclusivo da extinción -batelumes, mochila, pulasky e mcleod-, non recollendo ningún tipo de maquinaria para facer tarefas de prevención” explican. “Trátase entón dunha cortina de fume para xustificar prolongación de contratos dunhas tarefas que ao final non chegan a realizarse. Serán brigadas de extinción no período de prevención, que non é o mesmo”, engaden.

Sinalan que a Xunta de Galiza mantén a día de hoxe parte do servizo Público do SPDCIF contratado con temporalidades de 3 e de 9 meses -no paro neste momento-, pasando a mans privadas contratacións de todo o ano. “Escudándose na falta de cartos prescinde das traballadoras e traballadores públicos do SPDCIF que si contan co material axeitado para realizar as tarefas de prevención, tal e como recolle o convenio, mentres non dubida en ampliar os contratos das empresas privadas que por suposto non son para nada máis baratos”, denuncian.

A CIG-Autonómica lembra que o SPDCIF é o servizo público creado e dimensionado para a realización das tarefas de prevención e extinción de incendios e asegura que agora “están deixando que este se desintegre en favor da continua externalización cara a empresas privadas, dando a entender que os cartos que si hai para estes fins non existen para o SPDCIF”.

Nesta nova contratación de 2017 a maiores increméntanse en catro as novas funcións a realizar polo dispositivo aéreo, entre elas inclúense: "avaliación de grandes lumes ou lumes simultáneos próximos, medición de superficies queimadas, localización de lugares de perigo alto de incendio en tempo real".

Varias destas funcións xa están asignadas e realizadas a día de hoxe por persoal propio da Consellería de Medio Rural. Por iso o sector da Autonómica non entende por que se duplica esta tarefa e se ofrece ao sector privado. “Podería quedar aquí unha porta aberta para absorber funcións do persoal da Xunta e incrementar así as tan cobizadas horas de voo”.

Lembra ademais que a CIG xa denunciou pola vía penal no ano 2012 este tipo de contratos estando a día de hoxe pendente de resolución xudicial e que o movemento que xerou esta denuncia trouxo como consecuencia un informe do tribunal de contas onde se reflectían, de forma clara, irregularidades nos procesos contractuais.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600