Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

No marco da xuntanza da Comisión Aberta en Defensa do Común, que tivo lugar na tarde do xoves, a CIG volveu pór enriba da mesa a demanda dunha consulta popular sobre os usos definitivos aos que a cidadanía da Coruña quere que se destinen os terreos públicos do Porto desafectados. A central sindical denunciou que se "está a escribir un novo capítulo" no espolio da cidade e alerta da especulación xigantesca que se agocha na venda dos peiraos e o resto dos terreos do Porto.

Novamente, a CIG da Coruña defendeu que o espolio ao que se veu sometida a cidade “non pode continuar máis”. A Coruña acumula un extenso historial de actuacións políticas, promovidas tanto desde o goberno central como desde a Xunta de Galiza e o propio Concello, que implicaron un saqueo continuado dos terreos públicos. Neste historial, o vazquismo preséntase como o paradigma da especulación e a privatización de espazos públicos “entregados a grandes inmobiliarias e as grandes superficies comerciais”.

É moito o que está en xogo: solares, edificios, bens públicos que non poden ser obxecto de tramas especulativas ou componendas políticas, como aconteceu no vazquismo”

Fronte a isto, a central nacionalista reclama a paralización inmediata da poxa da Solana e o Hotel Finisterre e a conformación dunha fronte común na defensa dos intereses do pobo. Neste senso, demanda do Concello da Coruña que actúe en consecuencia e esixa firmemente a devolución gratuíta á cidade dos terreos do Porto desafectados,  non consentindo que o plan deseñado no vazquismo para a cidade se consolide.

A este respecto, durante a xuntanza da Comisión, o Secretario Comarcal da CIG, Xabier Filgueria, defendeu que o pobo coruñés non pode volver cargar con parte do  custo de recuperar o que é propio, neste caso o porto, como aconteceu en tempos pasados con outros solares e edificios, "reeditando así un novo capítulo que o Estado ten asignado a esta cidade como pagadores no espolio continuado".

“É moito o que está en xogo: solares, edificios, bens públicos que son de todas e todos nós e que non poden ser obxecto de tramas especulativas ou componendas políticas, como aconteceu durante o vazquismo”, aseverou. E nesta liña, solicitou que se promova a realización dunha consulta popular para que sexan os propios coruñeses e coruñesas quen decidan que usos lle queren dar a estes terreos.

O Plan de Punta Langosteira é un fracaso

Filgueira critica que o plan comercial internacional da Autoridade Portuaria para Punta Langosteira “é un fracaso absoluto” e polo tanto o Porto Exterior é incapaz por si propio de xerar recursos para a súa autofinaciamento. As instalacións permanecen cunha operatividade mínima e carentes aínda de todas as infraestruturas necesarias para a súa posta en funcionamento.

O plan comercial da Autoridade Portuaria para Punta Langosteira é un fracaso absoluto e polo tanto o Porto Exterior é incapaz de autofinanciarse"

 De aí que se recorra agora á venda da Solana e o Finisterre e posteriormente os peiraos de Batería e Calvo Sotelo, dando cumprimento ao disposto no convenio de 2004.

Un convenio que a CIG xa rexeitou no seu momento, pero que ademais se está a incumprir porque o Porto Exterior aínda non está plenamente operativo. Esta é unha das condicións previas para a desafectación dos terreos do porto interior e polo tanto para dotalos de novos e diferentes usos. “Non se pode falar de maneira frívola da venda destes terreos, porque hai actividade económica no porto interior que, polas súas características, non é susceptíbel de ser trasladada a Punta Langosteira”, subliñou.

Pola contra o Secretario Comarcal da CIG da Coruña destacou que o porto é “un lugar de actividade comercial e pesqueira que xera unha importante riqueza para a nosa comarca e moitos postos de traballo. Hai que apostar pola súa promoción e mesmo a creación de novas actividades. De igual xeito que hai que darlle un xiro á xestión do Porto Exterior para que realmente se converta nun revulsivo económico e xerador de emprego digno".

Informacións preocupantes

Doutra banda, a CIG amosa a súa preocupación polas informacións que están aparecendo estes días na prensa, a respecto dunha posíbel negociación entre o Concello da Coruña e Portos do Estado sen que se poña en cuestión o pagamento dunha contía económica á administración estatal a cambio da propiedade dos terreos.

De se confirmar estas noticias suporía, ao entender da central sindical, un precedente perigoso e un paso en falso de cara ao futuro dos terreos portuarios que no seu día formaron parte do convenio entre o Concello da Coruña e o Estado para a construción do Porto Exterior.

Neste sentido, calquera posíbel paso adiante na aceptación do pago por parte do Concello polos terreos da Solana e o Finisterre significaría entrar en contradición coa resolución aprobada o pasado luns no pleno, na que se pide explicitamente a devolución gratuíta destes terreos, en conformidade coas propostas achegadas pola Comisión Aberta en Defensa do Común, que a CIG asume como propias.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#XulioFerreiro "Aterrado" ante a folga en plena campaña veraniega dos mueseos cede ante os traballadores por medo a que se extenda o malestar polas rúas de toda a cidade ante o malestar e crispación ciudadá

#XulioFerreiro "Aterrado" ante a folga en plena campaña veraniega dos mueseos cede ante os traballadores por medo a que se extenda o malestar polas rúas de toda a cidade ante o malestar e crispación ciudadá

Despois de varias reunións, a última o martes 16 de maio, o Concello da Coruña comprometeuse a alterar os pregos de condicións da licitación pública do servizo de mantemento dos...