Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Maica BouzaO Sindicato Nacional de CCOO de Galicia considera negativos os datos de desemprego e afiliación publicados hoxe. A evolución do paro e da afiliación en decembro é o peor no Estado, reflexo claro do impacto das nefastas políticas desenvolvidas polo Goberno galego

A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, coida que a evolución do emprego en Galicia está directamente relacionada coa aniquilación do investimento público nos orzamentos da Xunta desde a chegada do Partido Popular, co nefasto papel que como empregador está a desempeñar o Goberno galego e cos nosos sectores produtivos abandonados á súa sorte. «A positiva evolución interanual do paro queda ensombrecida polo dato de afiliación», lamenta Bouza, «hai 22.894 persoas desempregadas menos por só 17.613 novas afiliadas. Isto reflicte que, un ano mais, os galegos e galegas seguen abandonando o noso mercado laboral ante a falta de expectativas de atopar un emprego». Ademais, o ritmo de creación de emprego é insuficiente para compensar o perdido durante a crise. CCOO demanda ao presidente Feijóo que recupere o papel do sector público galego na economía, reactive o investimento público, aposte polos nosos sectores produtivos, recupere a protección social para as persoas desfavorecidas e restitúa os salarios aos empregados e empregadas públicas. a poboación galega foi, e aínda están sendo, duramente castigada pola crise. Os orzamentos que se están a tramitar no Parlamento de Galicia son o instrumento para mudar a situación e para iso deben poñer as persoas no centro da política. Facemos un chamamento ao sector empresarial para que se comprometa na saída da crise. Para que aposte pola creación de emprego de calidade e pola recuperación do poder adquisitivo dos salarios como medio inescusable para que remonte o consumo e, con el, a actividade e o emprego. Sobe o paro en Galicia En decembro, Galicia rexistrou novamente un incremento do paro, mentres que no estado baixou. En cifras absolutas, a nosa comunidade encabeza a suba do paro con 2.360 persoas paradas máis ca no mes de novembro. Segundo os datos publicados hoxe, en decembro había 205.914 persoas desempregadas inscritas nas oficinas do servizo público de emprego: 111.561 mulleres (representan o 54,2 % do paro rexistrado) e 94.353 homes. Do total de paro rexistrado, 9.391 son menores de 25 anos (o 4,6 % das persoas desempregadas). O paro rexistrado sobe por cuarto mes consecutivo en Galicia: había 2.360 persoas máis en paro ca no mes de novembro, o que equivale a unha suba do 1,16 %. Pola contra, na media estatal baixou un 2,29 % (en cifras absolutas, son 86.849 persoas paradas menos). A suba céntrase nos homes (3.330 máis fronte a 970 paradas menos) e nas persoas de 25 ou máis anos (2.806 máis fronte a 446 menos menores de 25 anos). O paro rexistrado sobe en todos os sectores de actividade agás no colectivo sen emprego anterior (428 persoas paradas menos) e nos servizos (914 persoas paradas menos). Hai 1.852 persoas paradas máis na construción, 1.335 na industria, 515 no sector primario. A suba máis intensa dáse na construción (+8,61 %). Desde decembro de 2015, o desemprego baixou en 22.894 persoas (−10,01 %). En termos anuais, o paro rexistrado segue diminuíndo máis nos homes ca nas mulleres (12.471 parados menos fronte a 10.423 paradas menos). A redución do desemprego por sectores é xeneralizada pero, en proporción, é máis intensa na construción (−16,96 %). Análise da contratación A contratación está marcada pola precariedade: excesiva rotación no mercado laboral, elevada temporalidade e demasiados contratos a xornada parcial son algunhas das manifestacións da deterioración das condicións laborais. Así pois, o 92,53 % dos contratos rexistrados no mes de decembro foron eventuais. En cifras absolutas, rexistráronse 71.509 contratos e, deles, 66.167 foron temporais. En termos mensuais, baixou a contratación e con máis forza a indefinida: 692 contratos indefinidos menos (−11,47 %) e 3.879 temporais menos (−5,54 %). Na comparación anual, rexistráronse 937 contratos indefinidos máis (+21,27 %) e 1.926 temporais máis (+3,00 %). No ano 2016 rexistrouse un elevado número de contratos, o que demostra que o noso mercado laboral non se caracteriza precisamente por ser pouco flexible. Porén, a contratación está condicionada por unha elevada temporalidade. Dos 944.114 contratos que se rexistraron durante o ano 2016, o 92,46 % eran temporais. Afiliación á seguridade social Outro mes máis volve caer a afiliación media á seguridade social na nosa comunidade (−0,50 %) e, pola contra, na media estatal sobe un 0,39 %. O pasado mes de decembro había 963.735 afiliacións á seguridade social. Son unhas 4.800 menos ca no mes anterior: 3.919 menos no réxime xeral, 513 menos no mar e 376 menos no de autónomos. Cómpre destacar que no mes de decembro baixou máis a afiliación á seguridade social do que se incrementou o paro rexistrado (4.809 afiliacións menos fronte a 2.360 parados e paradas máis). En termos anuais, a afiliación á seguridade social segue avanzando menos en Galicia ca no conxunto do estado: un 1,86 % fronte ao 3,12 %. Desde decembro de 2015 hai 17.613 afiliacións máis. Por réximes, destaca a perda de afiliación no de autónomos (1.687 afiliacións menos ca en decembro de 2015). Ademais, baixa moito máis o paro rexistrado do que se incrementa a afiliación á seguridade social (22.894 persoas menos en paro fronte a 17.613 afiliacións máis) e entre as causas que o explican poden estar a emigración e a retirada do mercado laboral de persoas desanimadas pola falta de oportunidades. Prestacións por desemprego No mes de novembro de 2016 había 98.059 persoas cobrando unha prestación por desemprego (son 12.756 menos que hai un ano) e a situación é para preocuparse porque as prestacións contributivas, as de máis calidade, só representaban o 41,34 % do total, mentres que no caso dos subsidios por desemprego a porcentaxe sobe ata o 46,53 %. A repartición das prestacións é a seguinte: 45.630 percibían un subsidio por desemprego, 40.535 contributivas, 11.181 a renda activa de inserción e 713 correspondían ao programa de activación de emprego. A cobertura do sistema de protección por desemprego durante o mes de novembro de 2016 foi do 52,5 %, mentres que un ano antes era do 53,6 %. Polo tanto, en Galicia hai máis de 88.000 persoas paradas que teñen experiencia laboral pero non cobran prestacións por desemprego. O gasto en prestacións por desemprego baixou un 10,7 % en comparación co mes de novembro de 2015.

Maica Bouza

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#XulioFerreiro "Aterrado" ante a folga en plena campaña veraniega dos mueseos cede ante os traballadores por medo a que se extenda o malestar polas rúas de toda a cidade ante o malestar e crispación ciudadá

#XulioFerreiro "Aterrado" ante a folga en plena campaña veraniega dos mueseos cede ante os traballadores por medo a que se extenda o malestar polas rúas de toda a cidade ante o malestar e crispación ciudadá

Despois de varias reunións, a última o martes 16 de maio, o Concello da Coruña comprometeuse a alterar os pregos de condicións da licitación pública do servizo de mantemento dos...