Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

cid part2 861A5D08 3DFF5C9Badega O presidente de SOGAMA vén de anunciar a licitación por 275M€ da ampliación do complexo para queimar aínda máis, sobre todo 'materia orgánica'. Con este gasto pretenden poñense en 2020 'reciclando' o 15% cando Europa fixa un mínimo do 50%...

Fuxida cara adiante para facer máis evidente o fracaso de SOGAMA

 

Despois de 20 anos e centos de millóns de € de cartos públicos gastados para "tratar" o lixo do 94% dos concellos galegos, o índice total de reciclaxe de SOGAMA é dun paupérrimo 3,32%, tecnicamente equivalente ao dun vertedoiro. Agora, SOGAMA pretende acadar un 15% de recuperación para 2020 pola vía de incrementar a capacidade incineratoria.
Serán outros 275 millóns de € para, en palabras do Presidente de SOGAMA Sr. Domínguez, "queimar máis materia orgánica", e que os fornos crematorios funcionen a pleno rendemento as 24 horas do día os 365 días do ano.

A ´solución final´do PP: máis incineración!

 

Efectivamente, logo de fracasado o proxecto da incineradora do Sur, e perante a obcecación do PP en seguir apostando pola incineración contra toda a normativa europea, estatal e mesmo galega, o paso lóxico era ampliar as instalacións de Cerceda. Mais en lugar doutra incineradora, optan por intensificar o uso da actual, queimando máis materia orgánica que até o de agora estaba indo directamente a vertedoiro. Eis as condicións da licitación:
"O alcance fundamental deste contrato [...], será o de garantir en todo momento, durante as 24 horas do día, o fluxo de alimentación de Combustible Derivado de Residuos (CDR) en cantidade e calidade óptimas para o correcto funcionamento das dúas caldeiras da Planta Termoeléctrica (PTE) do Complexo Medioambiental de Cerceda (CMC)." Isto é, manter os fornos da incineradora -a "solución final" do PP- funcionando a pleno rendemento as 24 horas do día. E se os fornos crematorios non poden queimar todos os residuos que lle chegan, pois o seu destino (mesmo da materia orgánica que por lei debe ser separada e compostada) é o vertedoiro da Areosa, no que xa se amorean 6 millóns de toneladas de lixo: "No caso de que a PTE se atope parada ou sexa incapaz de absorber todo o combustible producido nas instalacións, e en concreto da PRTE [Planta de Reciclaxe, Tratamento e Elaboración de Combustible], disponse dun almacén cunha capacidade duns 47.000m3 para almacenar o CDR producido, o cal será utilizado naqueles momentos nos que a PTE requira este e a PRTE non sexa capaz de proporcionarllo. Debe terse en conta que a capacidade de valorización enerxética de CDR por parte da PTE está limitada, polo que será necesario o transporte ao Vertedoiro de Areosa por parte do adxudicatario a súa costa, de forma continua, dunha parte dos rexeitamentos procedentes da planta de Clasificación de materiais contidos nos RU, así como de todo ou unha parte do excedente de materia orgánica, tamén considerado como un rexeitamento desta planta."
Fica ben claro: o obxectivo de gastar 275 millóns de cartos públicos é fabricar máis combustíbel para queimar na incineradora, mais como a capacidade desta é limitada, moitos dos materiais sobrantes, mesmo materia orgánica (considerada como un rexeitamento!) irán a vertedoiro.

E cómpre lembrar que a incineración que fai SOGAMA non pode denomirarse "valorización enerxética", xa que non chega ao mínimo de eficiencia (0,6) que marca a Directiva de residuos 2009/98/CE. Trátase dunha simples eliminación, equivalente a un vertido, polo que podemos dicer que a Xunta vai gastar 275 milóns de € en seguir eliminando a maior parte dos residuos que "trata", un enorme desbaldimento de cartos públicos que só o PP teima en manter... Por que?

Ligazóns

  • Todo o que quixeches saber de SOGAMA e a Xunta tentou agochar

Novas relacionadas

  • SOGAMA aumenta as emisións de gases de efecto invernadoiro entre 2009 e 2015 tratando menos residuos!
  • SOGAMA gábase de ter un dos índices de reciclaxe máis cativos de Europa... e baixando!
  • As metástases de SOGAMA ameazan con inzar de novos macro-vertedoiros o país
  • Grande parte dos residuos que SOGAMA envía a vertedoiro incumpren os límites legais de contaminantes
  • Nova fraude de SOGAMA: 4 millóns de € para unha planta de compostaxe que non vai facer compost

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia tras fracasar en la petición de documentos públicos sobre los letrados y sus compatibilidades en el Concello de A Coruña...