Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Con preto de 2.300 horas de sol, o pasado 2016 superou todos os rexistros de insolación dos últimos 25 anos, ademais de que o período xullo-agosto foi o máis seco de, cando menos, os últimos 35 anos. Estes son algúns dos apuntes realizado polo director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, no resumo meteorolóxico para a cidade de Santiago de Compostela realizado polo Observatorio compostelá cos datos obtidos na súa estación.

En termos xerais, a precipitación total do pasado ano atópase na media dos últimos 35 anos, se ben Docobo destaca a “bipolarización do réxime de choivas, concentrándose estas no primeiros meses do ano”, mentres que o mes de decembro destacou pola “baixa precipitación, a insolación e as temperaturas máximas alcanzadas”, de feito a media das temperaturas máximas deste mes foi de 15º5, “ algo insólito neste mes do ano”. De 2016, o director do Observatorio Astronómico tamén remarcou que facía sete anos que a temperatura máxima do ano non se producía no mes de setembro ou que o termómetro superou os 30º en 22 xornadas ao longo do verán.

Insolación
“O pasado ano bate o récord do número de horas de sol medidas polos heliógrafos da USC nas últimas décadas”, sinala o director do Observatorio. Foron 2.291 horas, o que supón un 52,1% das posibles horas de exposición solar, con só 45 días nos que non saíu o astro rei, 89 xornadas con períodos de insolación de entre 6 e 9 horas e outros 113 días con máis de 9 horas”.

Docobo subliñou neste apartado ao último mes do ano, con máis de 158 horas de sol, por diante de xaneiro, febreiro e novembro e moi preto de marzo, a pesar de que neste último mes “a duración do día xa é sensiblemente maior”. Nos meses de xullo e agosto, o Sol estivo presente en Compostela todos os días.

Precipitacións
Compostela rexistrou o pasado ano 1.836,7 litros/metro cadrado, segundo os datos do pluviómetro manual do Observatorio universitario, cifra na media do período 1986-2015 que é de 1.820,4 l/m2. Destaca o profesor Docobo que “só nos primeiros cinco meses do ano, período no que se concentraron as choivas, xa se tiñan medido 1.400 l/m2, pero as baixas precipitacións do verán e do outono compensaron as cantidades ata achegarse á media”.

Choveu nalgún momento do día nun total de 181 xornadas, se ben en 19 delas a precipitación foi inapreciable –menos de 0,1 l/m2-. Sen contar estes últimos, choveu no 44,3% dos días do ano. Xaneiro foi o máis chuvioso (436,8 l/m2) e, na contra, xullo (1,2 l/m2) e agosto (12,6 l/m2) os máis secos. Como curiosidade, José Ángel Docobo explica que decembro, con 54,8 l/m2, sitúase como o terceiro máis seco en Compostela nas tres últimas décadas, despois dos de 1988 e 1991.

As xornadas con maior volume de precipitacións foron o 7 de xaneiro (88,6 l/m2), o 13 do mesmo mes (64,4 l/m2) e o 12 de setembro (56,3 l/m2), neste último concentrándose as precipitacións na noite maioritariamente.

Temperaturas
Ás 16.41 horas do 6 de setembro o termómetro rexistrou a máxima do ano en Compostela, 38º7, aos que se suman os outros cinco días anteriores do mesmo mes con rexistros térmicos por riba de 30º. Tanto en xullo (días 6, 7, 9, 15, 16, 17, 18 e 24) como en agosto (6, 7, 8, 12, 13, 14, 22 e 23) rexistráronse en cada un deles oito xornadas con temperaturas superiores a 30º. O 27 de febreiro rexistrouse a temperatura máxima máis baixa, 6º3.

No polo oposto, a mínima do ano tivo lugar ás 8.48 horas do 19 de febreiro con -0º9. Unicamente se rexistrou outra temperatura mínima negativa o 19 de decembro (-0º4). Como engade o director do Observatorio Astronómico, na noite do 18 de xullos os termómetros non baixaron dos 18º4 e na do 4 de agosto dos 18º3, correspondéndose ambas coas dúas noites máis calorosas do ano.

En las orgías del Partido Popular (sede Mallorca) drogaban y golpeaban a las mujeres “cobraban muy bien”, pero “tenían que someterse a vejaciones como palizas, sobredosis de drogas y a prácticas sexuales violentas”, según los autos del Juzgado..

El expresidente del PP de Palma de Mallorca, José María Rodríguez, y el diputado autonómico Álvaro Gijón, asistían a fiestas con droga y sexo en una finca propiedad de Cursach o en prostíbulos de las islas. El juez de Instrucción 12 de Palma de Mallorca, Manuel Penalva, ha levantado el secreto del sumario y la mierda ha empezado a salir a flote. Cada lunes se organizaban partidas de póker en la finca Puntiró, propiedad del empresario Bartolomé Cursach, y cuando concluía la partida “había auténticas bacanales”....Seguir leyendo..(+)

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro sigue negando hacer público el dinero que le dio a Xurxo Souto (Nunca Mais) y Mercedes peón (Burla Negra) al contratarles para las fiestas de Maria Pita.

Xulio Ferreiro sigue negando hacer público el dinero que le dio a Xurxo Souto (Nunca Mais) y Mercedes peón (Burla Negra) al contratarles para las fiestas de Maria Pita.

  A Marea y Xulio Ferreiro se niegan a dar cantidades sobre las contrataciones particulares del Alcalde de miembros sindicalistas y líderes de Burla Negra e de Nunca Mais. ¿...