Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Luís Bará Luís Bará O deputado do BNG, Luís Bará denunciou hoxe, trala comparecencia da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que  o PP mantén  unha “campaña mafiosa” contra deputados do BNG nesta institución polo seu traballo político para erradicar “practicas clientelares e privilexios” dos anteriores gobernos do Partido popular.

O parlamentario acusou ao O PP de facer unha “oposición frontal e montaraz”  porque no  asume que despois de moitos anos de gobernar a dereita nesta institución,  agora está na oposición. Para o  deputado do BNG, “o  Partido popular ten unha concepción un tanto patrimonial das institucións” e esa oposición está dirixida por unha persoa que ten a responsabilidade de ser o vicepresidente da Xunta de Galiza.

O BNG reivindica un novo mapa administrativo acorde coa realidade galega  

O deputado nacionalista lembrou que o BNG considera que as deputacións institucións decimonónicas baseadas nunha  división artificial, as  provincias e  apelou a unha nova organización administrativa para modificar as competencias dos concellos e o seu financiamento. Por outra parte, dixo, están xurdindo novas realidades como as áreas metropolitanas que fan inviable unha estrutura administrativa con cinco niveis,  que van dende o Estado ata os concellos. O deputado do BNG manifestou que o  novo mapa administrativo en Galiza debe contemplar  as comarcas pero mentres segan existindo  as deputacións seguiremos  comprometido con tres principios básicos para que estas institucións funcionen: “a democratización, modernización e a eficacia no cumprimento das súas funcións”.

Na súa intervención, Bará lembrou que o  BNG chegou hai ano e medio  a un acordo co Partido socialista que cualificou de “beneficioso e positivo” para a gran maioría dos concellos de Pontevedra  e destacou o que, ao seu entender, resulta de gran importancia no plano simbólico, “a restitución da dignidade das persoas comprometidas na defensa de valores democráticos e de xustiza social que foron perseguidas ou asasinadas”, entre elas,dixo, varios presidentes da Deputación de Pontevedra encarcerados ou exiliados. O día 12 de Novembro celebramos un acto de lembranza de todas estas persoas tras un acordo das forzas nun pleno na Deputación para realizar a homenaxe.

A respecto do orzamento da Deputación presentado pola presidenta,   Carmela Silva, o deputado do BNG coincidiu na  liña de colaboración con concellos pequenos primando os de menos de 20.000 habitantes e  sobre todo aos concellos rurais así como no Plan Concellos con criterios de “transparencia, reparto e obxectividade” e as  liñas que apostan pola dinamización económica e creación de emprego mediante obra pública.

Finalmente, Luís Bará congratulouse da aposta da Deputación  polo medio ambiente creando  novos espazos urbanos e destacou o  Plan Compost que busca a “corresponsabilidade das persoas” construíndo  unha alternativa ao modelo “centralizado e caro” que representa SOGAMA.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

A TRANSPARENCIA de #XulioFerreiro y #MareaAtlántica esta basada en la #CENSURA y #OCULTACIÖN bajo #Dolo el #ignoranciadeliberada, si desea ganar un pleito al Concello de A Coruña, pregunte que abogado le recomienda el líder de #Amareaatlantica

A TRANSPARENCIA de #XulioFerreiro y #MareaAtlántica esta basada en la #CENSURA y #OCULTACIÖN bajo #Dolo el #ignoranciadeliberada, si desea ganar un pleito al Concello de A Coruña, pregunte que abogado le recomienda el líder de #Amareaatlantica

  A Comisión de Transparencia de Galicia obliga al Concello de A Coruña Gobernado por Marea Atlántica a hacer pública la lista de Asesores y Letrados que trabajan a la...