Portada

Información

O Celta B presenta a súa candidatura ao ascenso (2-0)

Información
XornalGalicia 20 Mayo 2018 368 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
 

Valiosa vitoria do Celta B ante o Marbella. Os de Albés adiantáronse na idea da primeira eliminatoria polo ascenso a Segunda División con dous grandes tantos de Drazic e Juan Hernández.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

Só a maxia do San Xoán podía conseguir que a mellor banda tributo a U2 do mundo estivese en Carballo. Será na noite do sábado 16 de xuño cando o grupo italiano Zen Garden, considerado pola crítica como o clon da lendaria banda irlandesa, suba ao escenario da Praza do Concello para ofrecer un espectáculo sen precedentes. Con pechar os ollos abondará para imaxinar ter en directo ao mesmísimo Bono e aos seus inseparables músicos interpretando With or without you  ou I still haven’t found what I’m looking for.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

 

O peirao euskaldún de Trintxerpe acolleu esta mañá a presentación do próximo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Un evento que se celebrará na Guarda do 11 ao 14 de xullo de 2019; e que servirá de pulo para o recén creado movemento de recuperación e posta en valor do amplo patrimonio marítimo fluvial da vila fronteiriza.

Información

As tradicións marítimo-fluviais galegas seducen ao público de Pasaia

Información
XornalGalicia 18 Mayo 2018 269 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

1be98afa c766 4b58 831c bbb277e37054Os peiraos de Trintxerpe, San Pedro e Donibane convertéronse este xoves nun auténtico fervedoiro. O público ateigou a liña de costa da extensa enseada de Pasaia para asistir en primeira liña á sesión de navegación inaugural do I Festival Marítimo que organiza a localidade euskaldún. Unha cita na que Galicia, a través de Culturmar, está a amosar todo o seu potencial cultural e patrimonial; tanto dende a lámina de auga, grazas á vintena de embarcacións tradicionais ata alí desprazadas; como dende terra, da man das palangreiras, redeiras, carpinteiros de ribeira, palilleiras e demais integrantes da delegación galega.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

 A cidade da Coruña leva desde a chegada de Marea Atlántica totalm ente abandona, invádennos as ratas, a suciedad e o abandono, o que se necesita é limpar os viales dos parques, non inundalos, e moito menos cun camión de rego en horas onde os cidadáns están facendo uso destes espazos facendo lieteralmente o "paripé" que oculta o equipo #XulioFerreiro sobre a saturación do 010 das numerosas queixas recibidas

 A Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesquerod e Galicia recórdalle a #XulioFerreiro que deixe de mostrar tanto interés en "ventilar os solares do Porto" e dedíquese máis aos cidadáns e á cidade que é para o que lle votaron e fai unha chamada de atención ao Equipo de Goberno ante os horarios e a ESCASA forma na que a empresa concesionaria da limpeza está levando a cabo a mesma non só nalgunhas rúas da cidade senón en parques e xardíns.

Información

A lingua que namora

Información
XornalGalicia 17 Mayo 2018 544 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

alberto nu ez feijoo 622 4616 622x466vanity fairNon é frecuente nestes tempos que unha lingua apareza asociada coa palabra amor. Os idiomas adoitan conxugarse con utilidade, reivindicación ou termos análogos, quedando o aspecto sentimental relegado ou simplemente esquecido. No caso do galego esta anomalía non resulta estraña. Un repaso ás escritoras e escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas revela que a querenza pola fala ocupa un lugar preferente entre os motivos que levan a expresarse literariamente en galego. Ocorre tanto nos creadores que o teñen como lingua nai como naqueles outros en que é unha lingua aprendida ou recuperada.

No caso de María Victoria Moreno, ese amor é tan forte que fai que unha nena nacida e criada en Estremadura e logo estudante en Barcelona e Madrid se namore dun idioma que naquel momento sufría todo tipo de incomprensións oficiais e vivía afastado dos grandes circuítos culturais. Ese idioma acóllea e ela corresponde cunha obra literaria e docente que deixa unha fonda pegada nos seus lectores e escolantes. Nin sequera a morte puido separar ese matrimonio entre María Victoria e o galego, como demostra a súa elección para protagonizar este 17 de maio e o entusiasmo con que o IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra, onde ela exerceu o maxisterio, celebra a súa memoria.

Información

O RC Celta, mellor equipo masculino nos Premios do Deporte Galego

Información
XornalGalicia 16 Mayo 2018 953 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

O RC Celta foi galardoado este luns en Pontevedra como ‘Mellor Equipo Masculino’ nos ‘Premios do Deporte Galego 2017’ da Xunta de Galicia. O presidente do club, Carlos Mouriño, recolleu o trofeo nunha gala na que tamén foron premiados o Atlético Guardés como ‘Mellor Equipo Feminino’ e os vigueses AMFIV (mellor club de deportistas con discapacidade), María Pérez Araújo (mellor deportista feminina) e Susana García Gacio (mellor deportista con discapacidade).

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi