O desvío de visitantes a Ons para non exceder o límite en Cíes está a facer exceder sobradamente a cota de 1.800 persoas/día prevista no borrador do PRUX que leva 15 anos de retardo, podendo ocasionar problemas ambientais e de seguridade

O Festival Revenidas, enmarcado nos #RíasBaixasFests da Deputación de Pontevedra, encheu Vilaxoán nunha fin de semana de récord con máis de 10.000 persoas nos concertos de pago e máis de 11.000 persoas nas actividades de ocio que rodean ao festival, entre elas a sardiñada popular, que tivo a maior afluencia da súa historia con máis de 8.000 persoas que esgotaron cos 1.000 quilos de sardiñas. Amais, o festival volveu a colgar o cartel de "non hai billetes". As zonas de acampada estiveron cheas e destacou a súa incidencia na ocupación hoteleira de toda a comarca.

Birding en Pontevedra

A riqueza ornitolóxica da provincia de Pontevedra chegará a todos os fogares a través da serie documental "España, a terra prometida", que TVE estreará a tarde deste domingo. Esta produción de catro capítulos mostra a variedade de ecosistemas e o potencial ecoturístico que atesoura o territorio estatal, e destaca as Rías Baixas entre os destinos con maior proxección polas súas condicións naturais, que a converten nun paraíso para numerosas especies de aves.

Información
Pontevedra

La clasificación conjunta de todas las clases en la etapa se la llevó el Pingüino Uno

Información
19 Agosto 2018 363 votos

No pudo ser mejor el día en cuanto a viento y sol se refiere, el que tuvieron los participantes en la primera jornada de la XI Regata das Illas Atlánticas para barcos Clásicos y de Época que está organizando el Club Náutico San Vicente do Mar con el patrocinio principal de El Corte Inglés y Leyma Natura.

Información
Pontevedra

Roteiros literarios comeza cun percorrido por Moaña e pola historia das mulleres do mar

Información
18 Agosto 2018 541 votos

Precisamente, o primeiro destes paseos terá lugar o sábado 25 nesta localidade e será guiado polo poeta moañés Xosé Daniel Costas Currás, que tamén participou na presentación acompañado pola alcaldesa Leticia Santos e pola tamén escritora e representante da AELG, Marta Dacosta.

DepoDesafío O Grove

O concello do Grove acolleu este domingo 12 de agosto a segunda proba do "DepoDesafío 2018" da Deputación de Pontevedra. Tras a carreira a pé entre Tomiño e A Guarda, coa que abriuse este programa deportivo, a vila do Salnés acolleu unha travesía a nado de 1.200 metros na que impuxéronse Silvia González e Ricardo Rey

Información
Pontevedra

Vilagarcía incorporará en setembro tres novas pezas para exposición

Información
12 Agosto 2018 536 votos

O Museo do Ferrocarril de Vilagarcía (Mufevi) incorporará en setembro aos seus fondos expositivos tres novas pezas cedidas en depósito pola Fundación de Ferrocarrís Españois. Trátase dunha marquesiña de fundición de 1901, unha grúa hidráulica de 1945 e un reloxo de andén de 1980. Os elementos amplían os contidos que do museo emprazado na antiga estación de Carril, un punto de gran relevancia histórica por tratarse da primeira liña ferroviaria creada en Galicia.

A cuarta quenda dos campamentos de verán Depo Aventura A Lanzada será inaugurada este domingo pola deputada de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas. No que vai de edición, 600 nenas e nenos participaron neste programa impulsado pola Deputación de Pontevedra e destinado a rapazas e rapaces de distintos puntos da provincia que teñan entre 8 e 13 anos. Estes campamentos, que rematarán o 8 de setembro, desenvólvense no Centro Vacacional A Lanzada.

Información
Pontevedra

Fundación Celta amplía a presenza dos Campus no mundo

Información
08 Julio 2018 693 votos

A Fundación Celta no seu afán de estender a metodoloxía do club polo planeta, amplía a súa oferta máis aló das fronteiras, contando con sete sedes de campus ao longo do mundo. México, Irlanda, Romanía, Estados Unidos, Xapón e Panamá son os países onde haberá presenza celeste.

lineaazul 1600


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...