Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
 Este servicio gratuito de Google traduce instantáneamente palabras, frases y páginas web del español a más de 100 idiomas y viceversa
Inicia sesión y listo. Accede a todas las noticias con un único inicio de sesión.
Suscribirse a Xornal Galicia es muy sencillo y gratis
Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
Galicia Noticias

O Tribunal Superior confirma que é ilegal a Cidade deportiva do Celta

Información
24 Abril 2023 - Pontevedra - Correo electrónico - Imprimir - 6004 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

photo 2022 03 31 20 06 49A sala contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia  desestima o recurso de casacióncursada polo Concello de Mos e ven de confirmar así o dictamen anterior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que declaraba ilegal a construcción da cidade deportiva do celta en montes comunais.

A Comunidade de Montes de Tameiga declárase satisfeita ca resolución do Tribunal Superior que reafirma a ilegalidade das licenzas concedidas polo concello de Mos para a construcción da Cidade Deportiva do Celta. Lembran que o goberno local de Mos permitiu o despropósito urbanístico da construción dun edificio de case 3.000 m2 , cando pola cualificación do solo rústico de especial protección, só podían construirse uns pequenos vestiarios e almacéns.

A Comunidade de Montes sinala que a cidade deportiva segue carecendo a día de hoxe  de ningunha cobertura legal, xa que está recurrido o intento de Nidia Arévalo de legalizar despois de construída a cidade deportiva mediante un Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas Deportivas.

“A cidade deportiva é ilegal. A sentenza é firme. Agardamos que pronto se execute a sentenza e restitúa a legalidade urbanística” declara Cesar Lago, presidente da Comunidade de Montes de Tameiga.  Dende a comunidade de montes destacan que tamén Ecoloxistas en Acción, a Asociación Veciñal A Portela de Tameiga e tanto o Partido Socialista como o BNG instaron á xustiza a actuar contra este despropósito urbanístico do goberno local de Mos en montes comunais.

Ademais subliñan que “se fala sempre dunha cidade deportiva e que renunciaban ao macro centro comercial, pero no proxecto Galicia Sport 360 que presentou o presidente de Celta, Carlos Mouriño, quedounos claro que é un proxecto da industria do ocio e que os campos de fútbol son a excusa para expropiar o monte comunal e logo recalificalo para poder construir un complexo de hoteis, restaurantes, cafeterías e xogos recreativos”. 

A xunta reitora de Tameiga parabeniza a toda a veciñanza comuneira que durante estes máis de catro anos de loita non cederon as ameazas e insultos nin a campaña de acoso mediante denuncias instigadas pola alcaldesa do Partido Popular, principal promotora deste despropósito urbanístico. Agardan que unha vez clara a ilegalidade das licencias concedidas, prospere a denuncia por prevaricación cursada contra Nidia Arévalo pola concesións destas licenzas.

“Instamos a Nidia Arévalo a que recoñeza a ilegalidade das licencias concedidas polo seu goberno e pida desculpas á veciñanza de Mos” indica Cesar Lago, presidente da Comunidade de Montes de Tameiga. A veciñanza comuneira agarda que esta sentenza serva ademais de exemplo para todos aqueles que desde as administracións pensan que poden obrar por enriba da lei e para as empresas que operan con prácticas tan pouco éticas como as do presidente do Celta, Carlos Mouriño.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más


También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

Privacidad y uso de cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.