Información
Pontevedra

O PSOE urxe a Concello e Xunta unha data para o inicio das obras de dragado da ría de Pontevedra

Información
11 Marzo 2019 113 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

dragadoriadeponetvedraTino Fernández denuncia que a acumulación de lodos inhabilitou xa un pantalán do Club Naval e ameaza con inutilizar outro !


Pontevedra.- A acumulación de lodos entre a desembocadura do río
Lérez e a entrada da ría de Pontevedra converteuse nun enorme problema
para o Club Naval, até o punto de que, nestes intres, xa teñen un pantalán
totalmente inutilizado pola falta de calado e outro atópase en parte
ameazado (cunha zona de difícil utilización). A directiva da institución leva
moito tempo agardando a que Portos de Galicia tome a decisión de
inicia-lo dragado da ría, unha situación insostible que, para a Agrupación
Municipal do PSOE “debe resolverse dun xeito perentorio”.
Esta problemática foille transmitida en persoa ao candidato socialista á
Alcaldía, Tino Fernández, polo presidente do Club Naval, Carlos Paz, e
outros membros da súa directiva, nun encontro ao que tamén asistiron os
concelleiros Iván Puentes e Paloma Castro. Tal e como subliña Tino
Fernández, a situación está a ter un impacto moi negativo para esta
institución (fundada en 1932), xa que “un pantalán inutilizado supón
menos amarres e unha perda de posibilidades”.
Neste sentido, Fernández urxe “un compromiso a nivel municipal e
autonómico para que se fixe unha data de inicio das obras de dragado da
ría e para que se faga co máximo respecto a tódolos colectivos
implicados, dende o propio Club ao sector marisqueiro”. “Sabemos que
non é un proxecto sinxelo, pero o PP incumpliu unha vez máis -sosténtódolos
prazos e promesas e leva moitos anos de atraso”.
Durante a reunión cos socialistas, Carlos Paz tamén lles plantexou as
altas cargas tributarias ás que ten que facer frónte o Club, pagando un IBI
de máis de 8.000 euros anuais. O presidente da institución e o candidato
do PSOE coincidiron en que a sinatura dun convenio de colaboración co
Concello de Pontevedra sería a mellor fórmula para aliviar esta elevada
presión tributaria.
Tal e como lembra Tino Fernández, “o Concello emprega de xeito gratuíto
amarres do Club Naval, tanto para Protección Civil como para os
Bombeiros”, polo que semella preceptiva unha compensación pola vía
dun convenio. “Noutros municipios, os concellos pagan polos amarres,
pero en Pontevedra, o Club mantivo sempre unha actitude de máxima
colaboración. Alí están as nosas lanchas de Bombeiros e fanse tamén as
prácticas de Protección Civil”, apunta.
!
Potenciar o turismo que ven en barco
Outro dos puntos tratados no encontro foi a posibilidade de impulsar
sinerxias de carácter turístico entre o Club Naval e Empresa de Turismo
de Pontevedra. Segundo explica o voceiro municipal do PSOE, trataríase
de “fomentar as visitas dende outros puntos da provincia a través dos
amarres do Club”.
“Hai xente -asegura- que se desplaza en barco dende outras zonas,
como O Grove, atraca durante un día, coñece a cidade, come en
Pontevedra e vaise pola tarde. Durante a Feira Franca, por exemplo,
nótase moito ese incremento de visitas e a xente emprega o seu barco
para durmir”.
Na súa opinión, “é unha posibilidade moi interesante, que podería atraer
outro tipo de turismo”, grazas ao privilexio de ter un porto de amarre en
plena cidade: “veñen do mar e xa están practicamente no casco antigo
de Pontevedra”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600