Información
Pontevedra

O Vigo Rías Baixas encende os motores para a nova temporada

Información
02 Febrero 2019 217 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Integrantes do equipo ciclista Vigo Rías Baixas na presentación dunha nova temporada na que o equipo fundado en Nigrán parte co ambicioso obxectivo de gañar a Copa de España. Silva quixo mostrar o orgullo da institución provincial polo seu traballo subliñando que "o Club Ciclista Rías Baixas leva o nome da nosa provincia alí onde participa e por iso cada vez que presentamos unha nova temporada este pazo provincial énchese de alegría". Na mesma liña, a presidenta da Deputación afirmou que "estamos ante un club que é un orgullo para nós porque sempre acada grandes éxitos" e desexoulles sorte para "unha temporada ilusionante na que se conseguides gañar a Copa de España prometo que imos celebralo ao grande".

 

No acto, Carmela Silva estivo acompañada polo plantel do Vigo Rías Baixas e polo presidente do club, José Luis Chamorro, que tivo verbas de agradecemento cara a Deputación de Pontevedra resaltando que "con este novo Goberno sempre é un pracer vir aquí, xa que estamos moi agradecidos do voso apoio. Co convenio que temos asinado podemos medrar e seguir sendo un dos mellores equipos de España acadando éxitos coma os da pasada temporada, onde batemos o noso récord de vitorias".

Durante a súa intervención, a presidenta da Deputación de Pontevedra tamén sinalou que "ao longo da historia o ciclismo deu moitos alegrías á nosa terra, levando o noso nome por toda España e por todo o mundo. É un deporte que sempre formou parte da nosa vida e por iso apoiar un club como o voso é unha obriga para unha administración pública como a Deputación de Pontevedra". Amais engadiu que "promover o deporte e permitir que haxa equipos de elite en todas as disciplinas deportivas é unha das nosas liñas prioritarias"

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...