Información
Pontevedra

Solicitan explicacións públicas dos falsos bolseiros e bolseiras da Deputación e Concello de Pontevedra

Información
05 Enero 2019 335 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

29 03 ConvenioPontevedra originalUnha práctica na que a propia Inspección de Traballo encontra “irregularidades” e que, advirte,  “supón a privación de dereitos básicos dos traballadores”.

-       Este feito xera ademáis altas infraccións e unha débeda de case 180.000 € da Deputación coa TXSS.

Ante a grave noticia de que, na cidade de Pontevedra, 38 falsos bolseiros e bolseiras que a propia Inspección de Traballo tivo que dar de alta na Seguridade Social certificando que “manteñen unha relación laboral coa Deputación de Pontevedra” que preside Carmela Silva, que representan claras “irregularidades” e que “supón a privación de dereitos básicos dos traballadores”, Podemos Pontevedra solicita que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores de explicacións públicas pola súa responsabilidade municipal e conivencia neste caso.

E, por outra, a posta en marcha dun estudo exhaustivo dos postos de traballo públicos que se están a desenvolver en fraude de lei polos falsos bolseiros e bolseiras, para iniciar as novas contratacións que sexan necesarias.

 

          Neste senso, o Círculo Podemos Pontevedra considera indignante e unha vergoña o tratamento que están a ter o conxunto destos bolseiros e bolseiras. A recente actuación da inspección de traballo é demoledora: os bolseiros e bolseiras –falsos bolseiros– que desenvolven as tarefas propias dos traballadores por conta allea, carecen dos dereitos básicos recollidos no Estatuto dos Traballadores.

          Un fraude de lei que xera ademáis unha débeda de case 18.0000 euros da Deputación coa TXSS; a imposibilidade de que a plantilla poda pedir días libres para acompañar ao hospital a familiares que se enfrontan a unha operación cirúrxica; ou o feito de que os bolseiros con baixas superiores a un mes son despedidos.  A inspección, referíndose a este último punto, conclúe que “esta disposición é unha mostra clara de que, o abuso da figura xurídica da bolsa, que encubre en moitos casos relacións laborais ordinarias, supón a privación de dereitos básicos dos traballadores”.

Consideracións engadidas

Respecto a este caso, Podemos Pontevedra considera vergoñento que un goberno da Deputación que “apoia as mobilizacións do 8M e apoie as reivindicacións do movemento feminista” manteña esta clase de condicións contrarias á dignidade da muller nas súas bolsas que se reflicten, por exemplo, en que as bolseiras que, despois de ter un fillo estean máis de seis semanas de baixa, serán despedidas.

          Por último, e tendo en conta unha das bandeiras do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores: a compostaxe. Segundo á inspección, “un 58% do persoal do servizo de asistencia intermunicipal está composta por bolseiros. Este dato mostra de forma contundente, que se están a cubrir postos de traballo”. A compostaxe, como alternativa para unha xestión de residuos responsible dentro do marco da economía circular e do ecoloxismo, non pode sustentarse en postos de traballo en fraude de lei, e en condicións de auténtica explotación laboral.

 

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...