Información
Pontevedra

A decisión de Mos sobre os terreos do polígono do Rebullón é inadmisible e intolerable

Información
15 Diciembre 2018 208 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que remitirá unha comunicación oficial ao Concello de Mos, ao Instituto de Estudos do Territorio (Xunta de Galicia) e ao Instituto Xeográfico Nacional en relación á decisión do pleno mosense de intentar incluír no seu termo municipal uns 50.000 metros cadrados do polígono do Rebullón pertencentes a Vigo.



"En termos políticos é inadmisible e intolerable", sinalou o rexedor vigués durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. Na carta, o Concello informa que o acordo plenario para incoar expediente, adoptado de forma unilateral, ten unha nulidade radical de actuación por "manifesta incompetencia".

Caballero explicou que Vigo está en conformidade coa liña de límite xurisdicional establecida polo Instituto Xeográfico Nacional do ano 1941, así como coas reformulacións parciais levadas a cabo polo instituto nos anos 1992, 1993 e 2000.

Ademais, o alcalde lembrou que este límite xurisdicional está ratificado pola Xunta e polo propio Instituto nos informes sectoriais vinculantes para o PXOM de Mos. "Estes 50.000 metros cadrados xa intentamos que fosen solo industrial co PXOM, pero navegación aérea pide un novo trámite por estar baixo a influencia do aeroporto", sinalou.

Pavimentación en Castelao e Areal
Por outra banda, Abel Caballero informou de que a Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación das obras de reforzo do firmes na Avenida de Castelao (750.000 euros) e en Areal (281.000 euros). Os traballos empezarán en febreiro do ano que ven.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...

O evento, que terá lugar o vindeiro sábado, 19 de xaneiro,...