Información
Pontevedra

Caballero recibiu este mércores ao comité de empresa do estaleiro, que propón, "con bo criterio", concluír o barco que ten actualmente nas súas bancadas Vulcano, en "situación límite".

Información
13 Diciembre 2018 195 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A proposta do comité de empresa pasa por rematar o ferri que ten nas súas bancadas, un barco que chegou a Vulcano desde Andalucía despois dun cambio de armador e que, xa en Vigo, revela unha serie de deficiencias.


Segundo indicou Abel Caballero en rolda de prensa, os traballadores estiman que é necesario concluír co barco antes de que o estaleiro tome algunha decisión estrutural de carácter definitivo, polo bo nome dos traballadores e do propio naval, que ademais irá en beneficio dos empregados, do estaleiro, das empresas auxiliares e do propio banco que financia a súa construción.

O venres está convocada unha reunión en Santiago entre o armador, o banco financeiro, a empresa e a Xunta de Galicia para intentar desbloquear esta situación, e o rexedor instou nesa cita a que "se resolva o problema". "Nós apoiamos a idea do comité", manifestou Caballero, quen considera "sólida" a proposta dos traballadores, presentada con "sensatez e responsabilidade".

"Vulcano forma parte da historia desta cidade pero tamén é o presente desta cidade", asegurou Caballero, pois o estaleiro conta con setenta traballadores e un "número moi elevado" de empresas auxiliares que están traballando para concluír este ferri

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...