Información
Pontevedra

O Alcalde de Vigo criticou a decisión unilateral de Mos de modificar o territorio de Vigo.

Información
13 Diciembre 2018 241 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde de Vigo denunciou es mércores o intento do Concello de Mos de "anexionar" parte do termo municipal de Vigo, en concreto case 50.000 m2 no límite entre ambas localidades, no chamado polígono de O Rebullón. Tal e como explicou en rolda de prensa, o Concello de Mos notificou ao goberno local un acordo plenario para o inicio dun expediente de deslinde dunha parcela na que están instaladas unha vintena de naves empresariais. De feito, asegurou, existe un contencioso en marcha porque Mos leva anos cobrando o IBI a estas empresas, a pesar de que o seu Plan Xeral non as inclúe dentro do seus límites territoriais.

Caballero explicou que "de ningunha maneira" o Concello olívico vai tolerar esta "manifesta ilegalidade, case medieval", ao tempo que lembrou que os límites municipais están fixados polo Instituto Xeográfico Nacional e polos propios plans de ordenación de cada municipio. Neste punto, anunciou que o goberno local trasladará a súa oposición tanto ao Concello de Mos como ao propio Instituto Xeográfico Nacional.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...