Información
Pontevedra

O Pazo Provincial de Pontevedra asumirá a Ruta dos Fenicios tamén denominada Ruta das Kassiterides.

Información
17 Noviembre 2018 486 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

rias baixas ruta kassiterides feniciosA este encontro, amais da Directiva da Asociación, está confirmada a asistencia de múltiples delegacións, o Instituto de Itinerarios Culturais Europeos, o Itinerario Rota de Fenici de Italia, a Universidade de Jaén, o concello de Sto. Tomé, o concello de Linares, o concello de Guardamar de Segura, MAC-Ampurias, o concello de Ibiza, a Associaciò Amics de na Galera, o concello de Mengíbar, o concello de Galera, o concello de Cuevas del Almanzora, a Diputación de Cádiz, a Universidade de Cádiz, a Asociación Álace (Univ. Cádiz) e a Diputación de Jaén.

Asemblea Estatal da Ruta dos Fenicios, tamén denominada Ruta das Kassitérides vaise converter no epicentro estatal ao acoller a Asemblea deste itinerario cultural europeo, que dará cita ás entidades integrantes de diferentes puntos da xeografía nacional e internacional.

Haberá conferencias e mesas redondas sobre a Ruta, sobre o programa de itinerarios culturais europeos do Consello de Europa e sobre a propia Ruta dos Fenicios, a dos Íberos, o Camino de Anibal e a Ruta das Cassitérides.

Ese mesmo xoves celebrarase no hall do Pazo a inauguración dunha exposición sobre a Ruta dos Fenicios, formada por un total de 13 estruturas, que achegará á poboación a este itinerario cultural tan complexo e con tantas potencialidades dende o punto de vista cultural e artístico. Amais, coa colaboración do centro Carlos Oroza, vaise compartir coas delegacións un menú fenicio e posteriormente procederase á visita ao xacemento do Facho en Cangas.

A Ruta dos Fenicios é un dos Itinerarios Culturais Internacionais recoñecidos polo Consello de Europa, que pasa por 18 países e une tres continentes, conectando as grandes rutas marítimas empregadas pola civilización fenicia, un camiño para abastecerse de estaño na antigüidade e que podería non estar localizado nas illas británicas, como se pensaba ata o de agora, senón nas Rías Baixas.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...

O evento, que terá lugar o vindeiro sábado, 19 de xaneiro,...