Información
Pontevedra

Esixen a Augas de Galicia a limpeza de sete leitos fluvias ( abandonados ) para previr o risco de desbordamento

Información
06 Noviembre 2018 939 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Coa inminente chegada da temporada de chuvias, o Concello de Vilagarcía pon en marcha o seu plan de prevención de inundacións e desbordamento de ríos. Para reducir os riscos, o goberno local vén de solicitar a Augas de Galicia a limpeza de sete leitos fluviais do municipio. No caso do río Con e do rego de Leiro, o Concello pide ao organismo autonómico que actúe canto antes, mentres que para o acondicionamento doutros cinco regatos, a administración ofrécese a actuar cos seus propios medios.  Video do ex alcalde, ex conselleiro de Medio Ambiente e actual voceiro do PP de Santiago, Agustín Hernández, denuncia a contaminación do Sar: Botando el mesmo e directamente ante as cámaras da CRTVG lixo ao río.

Postureo da mesma escola que pretender apagar lumes con mangueira de xardín e zapatos. Rir por non chorar...


 
A colaboración entre o Concello e Augas de Galicia, repartíndose as labores de mantemento e conservación dos leitos fluviais para previr inundacións é unha medida posta en práctica dende hai uns anos co obxecto de axilizar a necesaria limpeza para que se atopen nas condicións idóneas para canalizar de forma fluída a recollida das augas cando se producen fortes precipitacións.

O Concello dirixiuse o pasado 17 de outubro a Augas de Galicia para poñer no seu coñecemento a situación na que se atopan o río Con e o rego de Leiro. Nos dous casos advírtese de que as malezas que medraron en verán cobren o leito case na súa totalidade e invaden gran parte das marxes. A isto engádese a acumulación de áridos en diferentes zonas, situación que resta capacidade aos leitos e impide que a auga poida discorrer libremente. Por esta razón, solicítase a Augas de Galicia que acometa canto antes as labores de mantemento e conservación no río Con e no rego de Leiro.

Limpeza manual en 5 regatos

Noutro escrito, no que tamén se aporta memoria gráfica da situación dos leitos, o Concello solicita permiso para limpar os regatos da Tripeira (Guillán), Faxilde (Sobrán) e A Torre (no lugar de Invisa) e os ríos da Lomba (parroquia da Xunqueira) e de Santa Mariña (Cornazo de Abaixo). Nos cinco casos, as fotografías amosan silvas e herbas invadindo e obstruíndo as canles, que tamén acumulan restrollos arrastrados polas augas. A actuación proposta en todos consiste na roza da maleza e a retirada de ramas e restos arrastrados polas correntes. A roza afarase de xeito manual utilizando un par de rozadoras.

O concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño, confía en recibir pronto a resposta positiva de Augas de Galicia para poder realizar os traballos de limpeza antes de que avance a temporada de chuvia.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

"Ourense convértese nestes días na capital nacional das ciencias...

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

lineaazul 1600