Información
Pontevedra

O CONCELLO DE NIGRÁN DOTA DE DESFIBRILADORES ÁS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPÁIS E CAPACITA AOS MONITORES DEPORTIVOS PARA EMPREGALOS

Información
04 Noviembre 2018 393 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O campo municipal de Condomínguez e o de San Pedro e o Pavillón Municipal, disporán por vez primeira de cadanseu Desfibrilador Externo Semiautomático tras ofrecer este sábado o curso de capacitación aos monitores dos diferentes clubes
O Concello de Nigrán dotou este verán ás principais praias de desfibriladores e  antes de final de ano se sumarán as patrullas da Policía Local e a continuación os centros educativos


"Aínda que a medida non é obrigatoria, a consideramos crucial porque en caso de infarto o rápido acceso ao desfibrilador pode ser a diferencia entre vivir ou non", indica o alcalde, Juan González
Nigrán, 03/11/2018.- O Concello de Nigrán ven de dotar de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) ás tres instalacións deportivas municipais, (Campo de fútbol de Condomínguez, Campo de fútbol de San Pedro   e Pavillón Municipal de Panxón) ademais, ven de formar aos técnicos deportivos para capacitalos no seu uso. O obxectivo é que as tres instalacións municipais sexan lugares cardioprotexidos e, consecuentemente, o Concello ofreceu este sábado a través do 061 o curso formativo obrigatorio dirixidos aos monitores dos diferentes clubes que desenvolven competicións nestes espazos: E.D Val Miñor-Nigrán, Racing Vilariño, Club Baloncesto Nigrán, Panxón Futbol Sala e veteranos de fútbol sala.  Durante cinco horas adquiriron a capacitación para empregar correctamente este aparato e a realizar técnicas de reanimación cardiopulmonar.
 "Aínda que a medida non é obrigatoria, a consideramos crucial porque en caso de infarto o rápido acceso ao desfibrilador pode ser a diferencia entre vivir ou non, e igual de importante que é ter o aparato é contar con técnicos que o saiban empregar correctamente, concretamente aqueles que están nas instalacións cando se está a competir", indica o alcalde, Juan González .
 Coa mesma intención, antes de final de ano dotaranse de desfibriladores ás patrullas da Policía Local e, a continuación, instalaranse nos centros educativos (sempre previa realización do curso de capacitación). Compre suliñar que este verán foron dotados de DESA  tódolos postos de socorrismo das principais praias de Nigrán: Praia América (2), Panxón (1) e Patos (1) e ao que se sumou o que xa dispón Protección Civil no seu vehículo.
 O  DESA é moi eficaz para a maior parte dos chamados paros cardíacos, que en gran porcentaxe son debidos a que o corazón  fibrila e o seu ritmo non é o axeitando, logrando estes equipos restablecelo. A súa efectividade é máxima no momento inicial, polo que é especialmente recomendable dispor de desfibriladores en lugares moi concurridos, como é o caso das praias, ou onde se practica deporte.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

"Ourense convértese nestes días na capital nacional das ciencias...

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

lineaazul 1600