Información
Pontevedra

17 novos chalecos anti bala para a Policía Local

Información
03 Noviembre 2018 121 votos

O Concello de Vilagarcía continúa coa súa política de mellora de medios para a Policía Local, neste caso coa adquisición de novos chalecos anti bala para os axentes. O Goberno Local aprobou a adquisición de 17 chalecos de autoprotección e 30 fundas de uso exterior para chalecos, co obxecto de ir completando a equipación de toda a plantilla policial. O custe da compra ascendeu a 14.838,71 euros.
O material policial será subministrado pola empresa Galicom Comunicaciones S.L. O lote componse de 2 chalecos de autoprotección femininos e 15 masculinos. Todos eles son de uso exterior e anti bala, anti puzón e anti navalla. As 30 fundas exteriores para chalecos son para uso persoal dos axentes e irán serigrafiadas en peito e costas.

Estes 17 chalecos sumaranse aos 11 xa existentes e a idea é adquirir máis remesas para que todos dos axentes poidan contar co seu chaleco persoal, adaptado a súa talla e sexo, dadas as diferenzas anatómicas entre home e muller.

Os 2 chalecos de muller asignaranse ás dúas axentes do servizo de Prevención, mentres que os 15 restantes, todos masculinos, iranse asignando aos axentes con maior presenza en rúa, como os do servizo do 092.


Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi