Información
Pontevedra

COMPROMISO POR GALICIA ESIXE A CARMELA SILVA QUE CUMPRA CO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

Información
02 Noviembre 2018 140 votos

Compromiso por Galicia esixe publicamente á Presidenta da Deputación de Pontevedra que cumpra o regulado na disposición adicional terceira do Estatuto de Autonomía de Galicia e dea conta dos orzamentos públicos de Pontevedra na Cámara de tódolos galegos e galegas.

Resulta para CxG sorprendente que un exercicio de transparencia e participación, regulado e aprobado, sexa considerado por esta política como “incongruente” e que afecta a un dereito constitucional. Ben dende CxG retamos a Carmela Silva que acuda ó Constitucional, pero que o faga tamén contra as medidas populistas e localistas do seu alcalde en Vigo, como a Vigo Pass.

 

Pedimos ó Secretario Xeral dos socialistas galegos e candidato á Xunta que actúe  facendo respectar o Estatuto de Autonomía de Galicia co significado que ten e por respecto a toda a xente que o apoiou en 1981, e como único marco do avance do autogoberno galego. Coa mesma contundencia que, con razón, defendeu a Carmela Silva do ataque do alcalde Gonzalo Durán de Vilanova de Arousa, xa que como el mesmo dixo ”fuera de lo admisible en el debate político de calidad para Galicia” definición valida hoxe para a actuación da Presidenta de Pontevedra.

“a deputación de Pontevedra non é un coto privado do PSOE nin de Carmela Silva, pedimos xa que logo que non salte ó marco legal que nos da competencias e ferramentas para negociar co Estado. Carmela Silva usa a súa posición para desvirtuar a Galicia como País, está é a realidade galeguista do PSOE de Galicia” dixo Piñeiro Docampo, secretario xeral dos Galeguistas.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi