Información
Pontevedra

A Escola Infantil de Vilaxoán comezará a funcionar o próximo curso con 74 prazas

Información
28 Octubre 2018 320 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Como se sabe, as obras avanzan a bo ritmo coa vista posta en que, en decembro, estean rematadas, cumprindo así cos prazos marcados pola Deputación de Pontevedra, que financia as obras a través do Plan Concellos. Antes, en novembro, técnicos do Consorcio visitarán o edificio para ratificar as necesidades. Probablemente en xaneiro Xunta e Concello asinen o convenio relativo á xestión da escola, por unha banda, e da dotación de mobiliario, por outra. Para o mobiliario existe unha partida presupostaria da Xunta por importe de 100.000 euros; en principio considérase suficiente, pero se non chegase no protocolo se establecerá que o resto poríao o concello.

Mentres o mobiliario se instala e a Xunta procede coa selección de persoal, a apertura da matrícula seguirá o seu canle habitual aínda que probablemente na sede da galescola de Carril. Serán 74 prazas divididas en cinco liñas (segundo as idades dos rapaces e rapaces). En calquera caso, Concello e Xunta están de acordo en que en setembro de 2019 a escola infantil de Vilaxoán deberá de comezar a funcionar con normalidade.



A entrevista de hoxe foi a consecuencia da que, anteriormente, o 11 de setembro, mantiveran tamén en Santiago o alcalde e o entón conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. Tanto Paola María coma Tania García expresaron a súa satisfacción pola afabilidade e colaboración que amosou hoxe o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...