Información
Pontevedra

O Concello renova o "labirinto" do parque da praia Compostela, tralo deterioro de madeira e mirtos

Información
23 Octubre 2018 163 votos

Operarios dos departamentos de Xardíns e Obras comezaron onte a reforma do vello "labirinto" que existe ao final do parque da praia de Compostela. Construído sobre unha pequena lomba, o espazo esta delimitado por dúas ringleiras de mirtos, pero moitos deles están moi deteriorados. O mesmo ocorre co solado, de madeira, instalado hai menos de dez anos e cuxo estado xa produciu algún incidente, fundamentalmente caídas ou pequenas feridas.
19.10.2018. Os mirtos, de crecemento moi lento, serán substituídos por outras especies vexetais que permitan recuperar pronto o seu aspecto de camiño sinuoso que acaba nun banco na cima da lomba. Pola súa banda, o solo do camiño xa non volverá a ser de madeira, senón que volverá a orixe: de terra e neste caso compactada, segundo as actuais técnicas construtivas, que permiten crear eses sendeiros garantindo a súa permanencia e un baixo mantemento.

Paralelamente á reforma do "labirinto", os servizos municipais están aproveitando a súa presenza no lugar para facer en repaso xeral de mantemento do parque.


Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi