Información
Pontevedra

Carmela Silva esta a usar fotos de nenos e nenas menores de idade sen permiso de seus pais para fines políticos " a AEPD debería ter algo que decir " responden os ciudadanos a este medio.

Información
11 Octubre 2018 524 votos

Inauguración das Deporte Escolas de Patinaxe

Carmela Silva pon en marcha o "adoctrinamento" utilizando a Deputación a través das DEPOrte Escolas que lle aplicara mediante incursions de carácter político similares a presentación a máis de 10.000 nenas e nenos

A presidenta da Deputación de Pontevedra presidiu esta tarde no IES Sánchez Cantón de Pontevedra o arranque das "DEPOrte Escolas" coincidindo co inicio da escola de patinaxe.  Esta iniciativa, que organiza  institución provincial de xeito gratuíto en 51 concellos da provincia, ten matriculadas e matriculados xa a máis de 10.000 nenas e nenos da provincia "que van poder relacionarse, facer equipo, e aprender a traballar e construír conxuntamente, o que contribúe a impulsar sociedades máis cohesionadas". A ciudadanía se pregunta " é lícito que se usen fotos de nenos e neas sen permiso de seus pais para fines políticos " a AEPD debería ter algo que decir " responden a sua maioria a este medio. 

 

Para a presidenta provincial "o deporte é a auténtica revolución do século XXI e as administracións temos a obriga de fomentalo". Neste eido, Silva tamén quixo agradecer o papel das familias, "que sodes conscientes de que facer deporte é fundamental para construír sociedades mellores".

En canto a "DEPOrte Escola" de Patinaxe, na que participan 265 nenas e nenos, a presidenta da Deputación de Pontevedra lembrou que "no acto de clausura do curso pasado moitas familias me formularon a posibilidade de incrementar a idade de participación para que as e os adolescentes puidesen beneficiarse da iniciativa. Hoxe síntome moi satisfeita porque fixémolo realidade e, deste xeito, este curso as mozas e mozos de máis de 15 anos poden seguir a participar nas DEPOrte Escolas".

As "DEPOrte Escolas" da Deputación de Pontevedra ofertan a práctica de 9 modalidades deportivas dirixidas a nenas e nenos de entre cinco e dezaseis anos de xeito totalmente gratuíto. En total, a institución provincial está a achegar á infancia e mocidade a práctica de balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, atletismo (marcha), piragüismo e baloncesto.

Este curso as "DEPOrte Escolas" da Deputación estarán presentes en Agolada, Arbo, A Guarda, A Cañiza, As Neves, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Forcarei, Gondomar, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, O Grove, O Porriño, O Rosal, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Sanxenxo, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Vila de Cruces e Vigo.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....