Información
Pontevedra

8 bolsas de mobilidade para estudantes da provincia no marco do proxecto Erasmus Practicum Depo sin indicios de trato de favor como as otrogadas por Goretti BNG, na deputación de A Coruña

Información
08 Octubre 2018 127 votos

O goberno de Carmela Silva aprobou a adxudicación de oito bolsas de mobilidade no marco do proxecto da Deputación de Pontevedra "Erasmus + Prácticum Depo 2018". En concreto serán oito as mozas e mozos de centros educativos dos concellos de Vigo, Tui, Caldas de Reis, As Neves, Moaña e A Estrada, que participarán na primeira mobilidade do proxecto con destino a Italia, Portugal, Malta e Eslovenia.

Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación de Pontevedra informou que os alumnos e alumnas que partirán en outubro proceden dos centros educativos CPR Plurilingüe Vigo, IES Indalecio Pérez Tizón, CPR Plurilingüe San Fermín, IES Pazó da Mercé, IES Plurilingüe A Paralaia e IES Antón Losada Diéguez. O seu regreso está previsto para o mes de marzo, xa que a duración máxima das prácticas é de 162 días, máis ou menos cinco meses.

Erasmus Practicum Depo

O grupo de mozas e mozos de Vigo, Tui, Caldas, As Neves, Moaña e A Estrada forman parte da primeira mobilidade do proxecto "Erasmus + Practicum Depo 2018" que comezou en xuño de 2018 e rematará a finais de maio de 2020. En total, a institución provincial destina a esta primeira mobilidade máis de 65.000 euros para cubrir os gastos de desprazamento e estancia

. Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   

O proxecto "Erasmus + Practicum Depo 2018", que conta cun orzamento de 821.633,40€ , ten por obxectivo impulsar a mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe. A través do programa de mobilidade de estudantes graduados e graduadas de Formación Profesional de ciclos medios pertencentes a distintas familias profesionais, a Deputación de Pontevedra colabora na súa integración no mundo laboral, a través de prácticas laborais en empresas e institucións estranxeiras.

Dende que a institución provincial puxo en marcha "Practicum Depo" investíronse e estanse a investir máis de 3,5 millóns de euros no impulso da mobilidade de case 450 persoas, entre o alumnado e o profesorado de ciclos formativos, que realizan as súas prácticas profesionais no estranxeiro ou viaxan para coñecer como se imparte a docencia destes niveis educativos noutros países da Unión Europea.

 Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi