Información
Pontevedra

200 nenas e nenos participan desde este domingo na cuarta quenda de Depo Aventura A Lanzada

Información
15 Julio 2018 559 votos

A cuarta quenda dos campamentos de verán Depo Aventura A Lanzada será inaugurada este domingo pola deputada de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas. No que vai de edición, 600 nenas e nenos participaron neste programa impulsado pola Deputación de Pontevedra e destinado a rapazas e rapaces de distintos puntos da provincia que teñan entre 8 e 13 anos. Estes campamentos, que rematarán o 8 de setembro, desenvólvense no Centro Vacacional A Lanzada.

 

Igual que nas anteriores, esta nova quenda contará con 200 participantes. A finalidade do programa é achegar á mocidade actividades que contribúan ao seu enriquecemento persoal, á adquisición de habilidades sociais e ao coñecemento de espazos de interese fóra da súa contorna habitual. Polo tanto, as actividades ofertadas serán de carácter lúdico-educativo, cultural, deportivo ou formativo.

En total, as prazas ofertadas pola institución provincial para este campamento de verán ascenderon a 2.200, sendo 300 delas gratuítas para aquelas familias que se atopen en situación ou risco de exclusión social, algo que o Goberno de Carmela Silva leva facendo desde a súa chegada.
 
As e os participantes están organizados en 11 quendas. Deben ser rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos, nacidos entre o 2005 e o 2010, e que estean empadroados nos concellos da provincia. Esta cuarta quenda rematará o 21 de xullo e as seguintes serán do 22 ao 28 de xullo, do 29 de xullo ao 4 de agosto, do 5 ao 11 de agosto, do 12 ao 18 de agosto, do 19 ao 25 de agosto, do 26 de agosto ao 1 de setembro e do 2 ao 8 de setembro.

A principal novidade do Depo Aventura deste ano vén dada pola resposta e o compromiso adquirido tras a vaga de lumes de introducir actividades de formación e educación ambiental. Por iso, en cada unha das quendas haberá unha actividade centrada na concienciación sobre a posta en valor dos montes e a prevención dos lumes.

Xunto a esta actividade, os campamentos da Deputación tamén están orientados á consecución de hábitos saudables, ao fomento de actitudes solidarias e de convivencia, á promoción da educación e igualdade de xénero e ao fomento do respecto ao medio ambiente. Ademais, tamén se inclúe unha visita á Illa de Ons e outra de carácter cultural, deportiva ou relacionada coa natureza e, ao igual que aconteceu o ano pasado, deberán impulsar actividades en lingua inglesa co obxectivo de mellorar o seu dominio do idioma nun contexto de lecer.

 

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....