Información

Fundación Celta amplía a presenza dos Campus no mundo

Información
XornalGalicia 08 Julio 2018 120 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Fundación Celta no seu afán de estender a metodoloxía do club polo planeta, amplía a súa oferta máis aló das fronteiras, contando con sete sedes de campus ao longo do mundo. México, Irlanda, Romanía, Estados Unidos, Xapón e Panamá son os países onde haberá presenza celeste.

 

MÉXICO

– Campus Celta Campeche. Do 9 ao 14 e do 16 ao 21 de xullo.

Por terceira edición as instalacións de Campeche Country Club albergarán este campus, onde os asistentes aprenderán dos mellores técnicos de Celta Campeche e poderán gozar de diversas actividades como golf, kaiak, piscina…

– Campus Fundación Celta Ciudad del Carmen. Do 23 ao 27 de xullo.

Primeira edición deste campus na localidade mexicana de Cidade do Carmen, organizada por Carlos Tarín, director da Escola Celta Guadalaxara, que contará coa participación de dúas dos nosos técnicos de categorías inferiores.

IRLANDA

Campus Fundación Celta Dublín. Do 12 ao 22 de xullo.

Campus exclusivo para os mozos da canteira, subvencionado en parte pola Fundación Celta. Serán 24 os mozos das categorías inferiores os que asistan a unha actividade 100% en inglés, onde vivirán por parellas con familias irlandesas e desenvolverán diversas actividades deportivas compaxinándoas con clases de inglés a cargo de profesores nativos.

ROMANÍA

– Campus Fundación Celta Brasov. Do 16 ao 20 de xullo

A nosa Escola de Brasov (Romanía), acollerá o primeiro Campus Fundación Celta en Romanía, onde se esperan que preto de 75 mozos pertencentes á escola e a diferentes equipos da cidade.

ESTADOS UNIDOS

– Campus Fundación Celta New Jersey. Do 9 ao 20 de xullo (semanal)

A última escola en unirse ás nosas escolas internacionais, Celta Estados Unidos, inicia a súa andaina cun campus para captar xogadores para a próxima tempada. Espérase que durante esa semana máis de 100 nenos e nenas coñezan de primeira man a metodoloxía do RC Celta.

XAPÓN

–  Campus Fundación Celta Japón. Do 30 de xullo ao 4 de agosto

Os campus da Fundación Celta desembarcan por primeira vez no país asiático, onde desenvolverá dous clínics de 3 días cada un nas cidades de Chiba e Kanagawa. Espérase que máis de 150 mozos e mozas gozarán do método Celta a cargo dos técnicos da canteira.

PANAMÁ

–  Campus Fundación Celta Panamá. Do 3 ao 8 de setembro

A cidade panameña de David, acollerá por segunda ocasión o Campus Fundación Celta Panamá, onde se espera polo menos repetir o éxito do ano pasado onde se conseguiu reunir a máis de 150 mozos nas instalacións do Colexio San Agustín. Próximamente recibiremos a visita na Cidade deportiva de A Madroa dos tres seleccionados da pasada edición.

Á marxe destas actividades realizadas no estranxeiro, este mes de xullo teremos a visita de 10 mozos pertencentes á nosa escola Celta Campeche, que participarán nos nosos campus de verán. Concretamente participarán na Sede da Madroa, do 16 ao 21 de xullo, e na sede de Manzaneda do 22 ao 27 de xullo. Con eles virá un dos técnicos da escola mexicana, que á súa vez tamén participará como monitor durante o desenvolvemento dos campus.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi