Información
Pontevedra

O Alcalde do Grove presenta unha reclamación por escrito logo da reunión co Delegado da Xunta de Galicia

Información
06 Junio 2018 1020 votos
O Alcalde do Grove volveu a reunirse hoxe co Delegado da Xutna de Galicia en Pontevedra. A reunión transcorreu nos mesmos termos que as tres anteriores mantidas durante este mandado, reiterando as solicitudes xa realizadas e poñendo sobre a mesa problemas que xa eran coñecidos. A falta de resposta ás demandas do Grove enche de preocupación ao Goberno Local que, a rematar a reunión, trasladou un listado das demandas realizadas (xa facilitado ao Delegado e ao equipo técnico) ao presidente da Xunta de Galicia reclamando unha reunión con el dada a falla de resposta existente.

Os temas abordados son, como xa indicamos, recurrentes: un plan de mantemento e seguridade das estradas autonómicos, incluindo a mellora da sinalización. Lembramos que a xardinería destas estradas están sendo atendidas por empregados municipais ante a falla de atención da Xunta de Galicia; tamén se esixen medidas de seguridade vial en estradas de titularidade autonómica (Xoan XXII e Teniente Domínguez), sendo especialmente urxente o relativo á estrada da Lanzada a San Vicente.

 

Neste último punto resulta especialmente grave o feito de que se declare que non se poden poñer pasos de peóns ou medidas semellantes que sí están colocados nunha estrada da mesma categoría no Concello de Sanxenxo. Deste xeito, e sen buscar solución aos problemas, cruzar a estrada para baixar a estrada nesa zona resulta especialmente problemático.

Tamén se ten reiterado a necesidade de humanización da Rúa Luis A. Mestre (titularidade da Xunta) que precisa de medidas de mellora da seguridade vial, accesibilidade e adaptación. Dende a Xunta de Galicia ofrécese a desafectación desta e outras rúas de titularidade autonómica que transcorren polo casco urbano, pero non se ten en conta o lamentable estado das mesmas que suporía, unha vez máis, que fora o Concello quen se faga cargo das mesmas. Non podemos esquecer que, nunha situación semellante nun concello veciño se ten plantexado un convenio de colaboración que no caso do Grove "tería que estudiarse".

Ademais do relativo as infraestruturas, reiterouse a necesidade de buscar unha solución para o servizo de Emerxencias. No momento actual este grupo recibe unha axuda de 41.000 euros da Deputación e de 34.000 da Xunta de Galicia (un grupo semellante para o Concello de Sanxenxo recibe o dobre de contía), axudas que teñen que ser solicitadas e valoradas ano a ano. Tendo clara a necesidade fundamental que supón para un municipio turístico e coas peculiaridades xeográficas do Grove contar con este servizo, é necesario que ax Xunta de Galicia valore o financiamento plurianual do mesmo.

Bloqueo ao Grove

Na reunión tamén se abordou o bloqueo por parte de Portos de Galicia ao Grove. Sen que esta entidade manifeste absolutamente nada sobre a reparación da explanada da Praza do Corgo – cun custo que ronda os 90.000 euros e que supón unha cantidade inferior a que recauda na localidade – resulta especialmente grave o feito de que as solicitudes tramitadas polo Concello para actuacións de interese social (como o parque de Skate do Corgo) leven un ano agardando por resposta.  

Esta falta de colaboración institucional xunto co feito de que na reunión mantida hoxe non se establecera ningún tipo de proposta de colaboración máis aló de "imos a estudialo", fai necesaria a intervención do Presidente da Xunta de Galicia que deberá estar ao tanto da falla de atención prestada aos veciños e veciñas do Grove. Tras constantes reunións e reclamacións, dende 2015 tan só se conseguiu a colocación do semáforo en Ardia. Dende O Grove esíxese algo bastante claro: a Xunta cumpra coas sús obrigas.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi