Información

Un estudo conclúe que a presenza da dermatite e da dermatite grave na área de Pontevedra foi lixeiramente superior á media doutras cidades españolas no grupo infantil e lixeiramente menor no grupo adolescente.

Información
XornalGalicia 03 Junio 2018 293 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Tese doutoral dermatite jpg 1087448183Beatriz Aranegui

A dermatite atópica é unha enfermidade cutánea con gran incidencia na poboación infantil e adolescente. A aparición desta doenza está relacionada con factores xenéticos e ambientais. Nas últimas décadas, detectouse un incremento da aparición de dermatite relacionado, en gran medida, con factores ambientais como a adopción dun estilo de vida occidental e a urbanización da sociedade. A tese doutoral de Beatriz Aranegui Arteaga investiga os síntomas da dermatite atópica na área de Pontevedra. Para levar a cabo a análise, realizou un total de 3.064 cuestionarios en dous ámbitos, o grupo infantil con idades entre os 6-7 anos e o grupo adolescente con idades entre os 13-14 anos. Do total de cuestionarios realizados, obtivéronse 2.386 resultados válidos.

Os cuestionarios preguntaban sobre síntomas de asma, rinite e dermatite, e posibles factores asociados a estas patoloxías. No grupo de idade infantil, detectouse unha presenza de dermatite do 7’4% e do 3’9% no grupo adolescente. A gravidade da enfermidade, medida en espertares polas noites, foi do 1’2% no grupo de idade 6-7 anos e do 0’8% no caso do grupo de 13-14 anos.


No sector infantil, a investigación asocia unha maior presenza de dermatite no caso de antecedentes familiares na nai ou no pai, e no caso de antecedente materno de rinoconxuntivite alérxica. Nesta idade, detéctase unha maior gravidade da enfermidade nos casos de antecedentes de dermatite atópica ou rinite no pai ou nos fogares nos que o pequenos conviviron cun gato durante o primeiro ano de vida.

Ademais, tamén se descobre que a gravidade da dermatite está asociada a un consumo frecuente, de ao menos unha vez ao mes, de paracetamol no último ano.

No caso de adolescentes, atoparon unha relación entre a prevalencia da dermatite e diferentes factores como “o índice de masa corporal elevado, o nivel universitario de estudos maternos como reflexo do nivel socioeconómico familiar, o consumo frecuente de paracetamol e a ubicación da vivenda próxima a unha estrada con tráfico de vehículos pesados”, explica a doutora Aranegui Arteaga. Neste grupo de idade, detéctase unha maior gravidade da enfermidade nos casos de antecedente materno de dermatite e de rinite. Nestas idades, tamén está asociada a gravidade da patoloxía co consumo frecuente de paracetamol.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi